#Fútbol afeccionado #Feminino

Cara e cruz para os dous conxuntos do PM Friol

O filial do PM Friol debutou sen sorte ante o Tordoia. Todo o contrario que o seu primeiro equipo, que aínda non coñece a derrota nesta tempada. De feito, as rapazas de Covi Regueiro lograron o seu primeiro triunfo ante o recén ascendido Bovedana.

As zamoranas saltaron ao artificial da Reigosa con moito ímpeto e avisaron nos primeiros compases. A partir de aí, o PM Friol tivo as mellores ocasións dentro da igualdade reinante. Nunha delas, Lynda Muriel adiantaba ás lucenses.

Ao corpo técnico friolés non lle terminaba de gustar o que se vislumbraba e fixo un triple cambio no tempo de lecer. As amarelas non lograban sentenciar ante un rival que empezou a aproximarse á area lucense. No entanto, apareceu Ana Castro a tempo para anotar o segundo e último tanto, redondeando así unha gran tarde.

Por certo, veremos o que decide a Real Federación Española de Fútbol despois do reflectido polo colexiado na acta do encontro. Covi Regueiro estivo dando ordes durante o encontro ás súas xogadoras desde a bancada, pese a estar expulsada.



Pola súa parte, o CD Lugo sufriu un excesivo castigo ante o Lóstrego. Non foi o mellor partido das de Joaquín Blanco co balón, cometendo moitas imprecisións e perdas. Se ben é certo, que o Lóstrego apenas xerou en ataque. Iso si, as de Gondomar mostraron unha gran efectividade. Levando o 0-2 ao intermedio cun tanto de rebote e un discutido penalti.

Non mellorou moito a cousa na reanudación, e un despiste derivou no terceiro do Lóstrego. O cal matou o partido. Desde aí, víronse un par de ocasións claras para cada equipo. Porén, o gol caeu de novo do lado das visitantes.

O filial da Reigosa regresa a Primeira cunha derrota

O PM Friol B sucumbiu no campo dun Tordoia efectivo e que marcou nos momentos chave do partido. As locais adiantáronse nada máis comezar e fixeron boa esa mínima vantaxe ao descanso. A igualdade mandaba sobre o verde entre dous equipos limitados de xogadoras e dominados polos nervos e a tensión.



O cadro de Geluco Villar igualaba o partido de novo á volta dos vestiarios, cun tanto da veterana Ana Hermida. Porén, a sorte e a mellor puntería foron cousa do Tordoia. As de Ángel González desnivelaron a contenda co segundo e definitivo gol, a menos de dez minutos para a conclusión.

Resultados da xornada

CD Lugo 0-4 Lóstrego

PM Friol 2-0 Bovedana

Tordoia 2-1 PM Friol B

a fin de semana estaremos todas

Esta mesma semana comezan a Segunda e Terceira Galicia, co cal teremos ao noso fútbol ao completo. Milagrosa, San Roque, Chantada e Antas estarán na Segunda. Monte Forte, San Lázaro, Carballedo, Comercial e Lugo B xogarán na Terceira.



Cara e cruz para os dous conxuntos do PM Friol

Máxicos Futbolinlugo. Xornada 2

Cara e cruz para os dous conxuntos do PM Friol

A Terceira Galicia bota a andar con

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *