Candela Otero sobe neste mercado de categoría

Diario dun Mercado. Episodio 491

O mercado xa se encontra no comezo da súa recta final debido a que a gran maioría dos equipos da provincia xa comezaron a adestrar. Aínda así, os movementos son numerosos e é por iso que atopamos unha nova edición dentro do Diario dun Mercado de Futbolinlugo. O fútbol feminino pesca no fútbol lucense para […]

Homenaxe a Kiko Rey

Kiko Rey: «Que lle poñan o teu nome ao estadio da túa vida é un gran orgullo»

Viveiro viviu na pasada fin de semana unha das súas xornadas máis emotivas coa homenaxe a Kiko Rey, un dos xogadores que máis marca deixou no fútbol da Mariña. O dianteiro viveirense é un dos poucos que pode dicir que marcou en todas as categorías desde a Preferente ata a Primeira División. Canteirán do Real […]

A Residencia, segunda na Primeira Futgal do curso anterior

A Primeira Futgal xa ten calendario

O fútbol está cada vez máis preto de voltar á acción e na Primeira Futgal xa teñen folla de ruta de cara á vindeira tempada. Os equipos lucenses da categoría estarán ubicados un ano máis no grupo 3 coa excepción do Brollón, que xogará no grupo 4 cos equipos da provincia de Ourense. Unha tempada […]

O mercado pon un novo corpo técnico en Quiroga

Diario dun Mercado. Episodio 490

O mercado abre o mes de agosto con gran parte dos equipos na véspera de que a gran maioria dos equipos da provincia comecen a pretempada. A nova edición do  Diario dun Mercado de Futbolinlugo continúa a dar os últimos retoques para moitos dos clubes lucenses, ademais de perfilar os cadros técnicos que van apoiar […]

Homenaxe no All Star Futbolinlugo

Homenaxes e premios (1): Galerías V All Star Futbolinlugo

A quinta edición do All Star Futbolinlugo fixo da Cheda unha auténtica festa do fútbol lucense na que a afección viviu unha xornada de diversión con grandes xogos. Ademais foi o día perfecto para homenaxear a grandes figuras do noso deporte que, tristemente, o ano que vén non estarán presentes nos campos da nosa provincia. Estade atentos […]

Santi volveu ao Ribadeo neste mercado

Diario dun Mercado. Episodio 489

Unha xornada máis na que o mercado deixa a todo o fútbol lucense estupefacto con movementos inesperados e grandes sorpresas. A última edición do mes de xullo do Diario dun Mercado de Futbolinlugo trae grandes nomes que deciden voltar aos campos de fútbol da nosa provincia. Todo mesturado con grandes fichaxes e renovacións que comenzan […]

O Burela ascendido á Preferente

A Preferente xa ten calendario

Unha nova tempada chega para a Preferente e os equipos lucenses atópanse preparados para un reto sempre complicado. Este ano será máis xa que os lucenses da categoría estarán dispersos. Pol e Burela xogarán no tradicional Grupo Norte para os equipos da provincia, pero o Lemos embarcarase nunha nova aventura disputando o Grupo Sur, onde […]

Tupac renova neste mercado co Roupar

Diario dun Mercado. Episodio 488

O mercado está na súa recta final co inicio das pretempadas en moitos dos equipos do fútbol lucense. A falta de 12 episodios para que o Diario dun Mercado de Futbolinlugo alcance o medio millar de edicións, un fito histórico. Nesta ocasión, os bancos da Primeira Futgal xa están ocupados, as retiradas e os regresos […]

Un momento do encontro masculino do All Star Futbolinlugo

Partido masculino (1): Galerías V All Star Futbolinlugo

O partido masculino da quinta edición do All Star Futbolinlugo foi unha clara demostración de todo o talento que hai nos campos do fútbol máis modesto da provincia. O balompé lucense estivo de festa cun encontro igualadisimo no que fixo falta acudir á tanda de penaltis para discernir cal foi o equipo campión na Cheda. Estade atentos […]

Partido feminino do All Star Futbolinlugo

Partido feminino (2): Galerías V All Star Futbolinlugo

O partido feminino da quinta edición do All Star Futbolinlugo tivo dous protagonistas. As primeiras foron as mellores xogadoras de toda a provincia de Lugo e o segundo foron as altas temperaturas que había na Cheda. Pese á calor, a calidade do mellor do noso fútbol quedou latente cun gran partido na festa do fútbol […]

Diario dun mercado. Episodio 487

Non para o mercado nin na finde de Galicia. Unha fin de semana que algún dos nosos veciños celebra desde a diáspora: é o caso do burelao Pol Bassa. O lateral esquerdo mariñán, logo de visitarnos na última edición do Campus Futbolinlugo na Marosa, asina no Fuenlabrada da Segunda Federación. Nesa mesma categoría, a Sarriana […]

Samuel Gundín, do Iberia

Samuel Gundín (Iberia): «O ascenso chegou pola unión»

O Iberia conseguiu o ascenso á Primeira Futgal nesta temporada despois dun gran curso onde demostraron ser un equipo en todas as facetas do xogo. Unha das súas grandes estrelas foi Samuel Gundín, que froito da súa gran temporada gañou unha praza no encontro masculino da quinta edición do All Star Futbolinlugo. Aproveitamos para que […]

Alberto López volta neste mercado ao Viveiro

Diario dun Mercado. Episodio 486

O mercado cada día depara moitas máis novas a poucos días para que os equipos lucenses comecen as pretempadas. Nesta nova edición do Diario dun Mercado de Futbolinlugo, os dous equipos da Terceira RFEF ao que lles faltaba adestrador xa teñen quen ocupe o seu banco. Ademais, esta edición vai cara a outros lugares de […]

Primeira xornada da Terceira RFEF

Os lucenses da Terceira RFEF xa saben a súa folla de ruta

A Terceira RFEF xa coñece o seu almanaque de cara á próxima tempada. Rácing Villalbés, CD Lugo B e Viveiro saben tanto o seu comezo, que será o fin de semana do 7 de setembro, e o seu final en caso de non ter que xogar a promoción de ascenso, que será o día 10 […]

Manu Cedrón, que firma neste mercado polo San Roque

Diario dun Mercado. Episodio 485

O mercado non para en ningún momento ao longo deste verán e grazas a iso chega un novo episodio do Diario dun Mercado de Futbolinlugo. Neste caso, chega cargado de sorpresas en moitos equipos, con xiros inesperados de proxectos que comezaban a ter unha forma definida e xogadrores míticos do fútbol provincial tomando novos rumbos […]

David Rodríguez recolle a súa medalla

David Rodríguez: «Espero seguir moito tempo nos campos»

David Rodríguez foi un dos árbitros que dirixiu o All Star Futbolinlugo na súa quinta edición. En concreto, impartiu xustiza no encontro feminino. Un dos colexiados con máis traxectoria no fútbol lucense tivo a súa merecida homeaxe ao pitar nun dos encontros do evento por segunda vez. Tamén se pasou polos nosos micrófonos, onde non […]

Rober, renovado neste mercado co Foz

Diario dun Mercado. Episodio 484

O mercado non para na semana do Apóstolo e as fichaxes son tantas coma festas na provincia. É tempo de regresos de gran importancia ao fútbol lucense, novos pasos para moitos xogadores e continuidades de alto valor. Todo nunha nova edición do Diario dun Mercado de Futbolinlugo, que cada día está máis próximo aos cincocentos […]

Diario dun mercado. Episodio 483

Comezamos este novo episodio de domingo do noso Diario cunha importante fichaxe na Sarriana. Trátase de Iago Parga, un vello anceio do club que logo do ascenso a Segunda RFEF fíxose realidade. O sarriao, formado na base do RC Deportivo, chega á Ribela para reforzar a zaga na que pode ocupar o posto de central […]