V All-Star Futbolinlugo arturo día

O All-Star Futbolinlugo alcanza a súa quinta edición

O All-Star Futbolinlugo alcanzará a súa quinta edición neste 2025 o sábado 28 de xuño no campo da Cheda en Lugo. Os mellores xogadores dos equipos da provincia batiranse en duelo para ver que equipo é mellor en dous partidos vibrantes que conforman un evento no que haberá concursos e moitas sorpresas. Todo un clásico […]

Os Máxicos xa teñen campión

Os Máxicos da 24/25 viron o pasado domingo como o Burela se facía co título de liga. Ademais, o Oural conseguiu unha importante victoria de cara á permanencia. A SD Burela é novo equipo de Preferente tras vencer no Sangoñedo (0-1). Un gol de Mauro nunha xogada de estratexia quedará na memoria de todos os […]

O Viveiro continua en Terceira RFEF

O penúltimo Trío de Ases O Cantón desta temporada tráenos boas novas para o fútbol provincial. Na Terceira RFEF, o Viveiro acadou a ansiada permanencia logo de vencer en Cantarrana ao Betanzos. A Sarriana venceu á UD Ourense. O Racing Vilalbés non pasou do empate na Madalena fronte ao Barbadás, mentres que o Polvorín caeu […]

O Burela celebra o seu ascenso á Preferente

O Burela chega á Preferente

O Burela conseguiu tras anos perseguindo este soño alcanzar o ascenso á Preferente tras gañar ao Chantada Atlético por 0-1 para converterse en campión do grupo lucense da Primeira Futgal.

A calculadora do fútbol lucense 24/25

Os equipos lucenses botan man da calculadora e deben comprobar as clasificacións noutras categorías e noutros grupos da súa mesma división

O partido en imaxes: Outeiro de Rei – Monterroso (2-1)

Roberto Carreira ofrécenos hoxe as mellores imaxes do duelo da Primeira Futgal no que se enfrontaron Outeiro de Rei e Monterroso, que se saldou cunha importante victoria para o cadro de Aarón Sánchez.

Matela e Sarriana B completan os ascensos a Segunda Futgal

Goiriz, Castroverde, Monterroso B e Sober xa coñecen aos dous conxuntos que os acompañarán a vindeira campaña en Segunda Futgal. Serán o Matela, que venceu ao Abadín, e a Sarriana B que deixou fóra ao Corgo nun encontro este último que rematou con imaxes das que non queremos ver nunca máis nun recinto deportivo. Analizamos […]

O Matela celebra o seu ascenso

O Matela alcanza a Segunda Futgal

O Matela conseguiu vencer na final do play off de ascenso do grupo norte da Terceira Futgal ao Abadín e xa son equipo de Segunda

O San Lázaro vence e segue na loita polo ascenso

SD Antas e Monte Forte tiveron xogada de descanso. A efectividade do Sárdoma derrota ao PM Friol Pese ao resultado (PM Friol 2 – 4 Sárdoma), o partido foi máis igualado do que se podía pensar e máis cando as friolesas quedaron con 10 xa na primeira parte. O Sárdoma saiu con forza ao partido […]

A Sarriana B celebra o ascenso

A Sarriana B xa é de Segunda Futgal

A Sarriana B conseguiu gañar ao Corgo na súa eliminatoria polo ascenso na final do playoff do Grupo Sur da Terceira Futgal

Os Máxicos aínda agardan campión

Os Máxicos Salvatierra ultiman as súas opcións en cada unha das loitas que se están a librar na provincia. A SD Chantada domina e somete ao Foz (8-2). Os Máxicos locais levaron a iniciativa desde o comezo e, aínda que o Foz igualou cun gol olímpico de Chao o tanto inicial de Michi, os chantadinos […]

O Escairón descende e o Ribadeo queda contra as cordas

Moito en xogo nun Trío de Ases O Cantón que nos trae malas novas nunha xornada de derbis na Preferente. No Municipal do Saviñao, o Pol venceu a un Escairón que xa é matematicamente equipo de Primeira Futgal. No Pepe Barrera, Ribadeo e Lemos empataron sen goles nun partido bronco que deixa aos mariñáns contra […]

Padín (Polvorín): «Era importante romper a mala xeira»

O Polvorín conseguiu gañar na xornada de derbis lucenses na Terceira RFEF por 0-4 ante a Sarriana. Os de Álex Ortiz conquistaron A Ribela a base dunha boa presión e transición ofensiva. Cos tres puntos da última xornada no peto, o filial albivermello ten a permanencia virtual, inda que para asegurala matemáticamente necesita un punto […]

Un só partido para resumir unha temporada

90 minutos, 1 partido. Chegou o día decisivo para Corgo, Sarriana ‘B’, Matela e Abadín. Tan só dous deses catro conxuntos competirán a próxima temporada na Segunda Futgal: os que superen a eliminatoria polo ascenso, da que tan só resta o duelo de volta da final. Na parte norte da provincia, o Abadín chega a […]

O Lemos e o Ribadeo, protagonistas do duelo da Preferente

A Preferente vivirá un derbi decisivo

A Preferente vivirá nesta xornada un dos encontros chave para o final de tempada dos equipos lucenses. O Ribadeo recibirá ao Lemos este domingo ás 18.00 horas no que o que se leve a vitoria terá moi preto a permanencia na vindeira tempada da Preferente Norte. Ambos equipos coñecen a situación límite na que chegan […]

Pablo Fernández, director deportivo do Montañeros

O Montañeros con máis sabor lucense

O Atlético Coruña Montañeros conseguiu gañar a Preferente Norte na última xornada tras unha tempada na que o dominio do conxunto coruñés foi incontestable

O CD Lugo volve á senda da vitoria

Só dous partidos se disputaron esta fin de semana de Semana Santa no fútbol feminino lugués. Foron os de 3ª RFEF, onde militan os primeiros equipos do CD Lugo e do PM Friol. Vitoria do CD Lugo na Cheda As albivermellas controlaron o encontro de inicio a fin, coa única inquedanza de non transformar as […]

Os Máxicos de 2025 rematarán en tres xornadas

A Primeira Futgal, protagonizada polos Máxicos Salvatierra Abogados, está chegando a súa fin. Tan só restan 3 domingos para poñer punto e final á temporada 2024/2025, na que aínda se manteñen moi vivas tres loitas: o ascenso directo, a promoción á Preferente e o descenso á Segunda Futgal. A Milagrosa paga o madrugón na casa […]