As finais polo ascenso están servidas na Terceira Galicia

O Tres en Raia En Boas Mans tráenos aos catro finalistas polo ascenso a Segunda Galicia. No grupo norte, as eliminatorias non nos depararon sorpresas unha vez vistos os resultados dos encontros de ida. Castroverde e Piringalla disputarán a gran final tras eliminar ao Goiriz e Rioaveso, respectivamente. No grupo sur, o Sober venceu ao […]

O Viveiro vence no derbi da Cheda e afástase do descenso

Trío de Ases O Cantón con encontros que xa son finais. Na Segunda RFEF o Racing Vilalbés afrontou unha diante do Cayón, que rematou nun empate amargo acadado polo cadro cántabro no desconto. Un chanzo máis abaixo o Viveiro venceu ao Polvorín no derbi provincial, mentres que a Sarriana caeu con polémica na Ribela diante […]

A Piringalla golea no comezo do play off de ascenso

O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada achéganos a primeira eliminatoria polo ascenso a Segunda Galicia. No grupo norte, a Piringalla goleou ao Rioaveso e puxo un pé na final, mentres que o Castroverde venceu na Veiga do Olmo ao Goiriz e afrontará a volta con dous tantos de vantaxe. No grupo sur […]

A Sarriana sitúase a un só punto do play off de ascenso

No Trío de Ases O Cantón desta xornada destacamos o empate do Racing Vilalbés no campo do Langreo, conxunto que ocupa posto de promoción de ascenso. Na Terceira RFEF, a Sarriana chega ao tramo final de temporada no seu mellor momento e sitúase a un punto do play off tras vencer no campo do Pontevedra […]

No verán . . . II Campus Futbolinlugo Burela Bonita

Esta casa segue apostando forte pola formación no fútbol base e vén de presentar este venres o II Campus Futbolinlugo Burela Bonita no concello mariñán. No acto participaron a alcadesa burelá Carmela López, o concelleiro de deportes Carlos Méndez, o segundo tenente de alcalde Ramiro Fernández, o xefe de servizo de Deportes da Xunta de […]

Só o Polvorín é quen de sumar na Terceira

A felicidade da xornada do xoves contrasta coa decepción da xornada dominical no Trío de Ases O Cantón. Na Terceira RFEF soamente o Polvorín foi quen de sumar un punto. Foi na Cheda diante do Somozas. A Sarriana caeu na Cheda diante do Bergantiños, líder da categoría, mentres que o Viveiro perdeu na súa visita […]

Un Xoves Santo de pleno para os lucenses de Terceira RFEF

Non poden chegar mellores novas neste Trío de Ases O Cantón. A xornada de Terceira RFEF disputada no Xoves Santo deixounos un pleno de vitorias dos conxuntos lucenses. A Sarriana colócase a dous puntos da promoción de ascenso tras vencer no campo do Paiosaco, mentres que o Polvorín afástase a cinco puntos dos postos de […]

A Sarriana vece na Lomba cun tanto de Diego Rey

O Trío de Ases O Cantón desta xornada déixanos a derrota do Racing Vilalbés en Segunda RFEF. Foi no campo da Ximnástrica Torrelavega, rival directo pola permanencia. Na Terceira RFEF a boa nova protagonizouna a Sarriana que foi quen de vencer no campo do Arousa cun tanto nos últimos intres de encontro. O Polvorín perdeu […]

O Castroverde completa o play off de Terceira Galicia

Chega o último Tres en Raia En Boas Mans da temporada regular na Terceira Galicia, co Castroverde como gran protagonista. Os de Fran Veiga poñían en xogo a última praza para xogar o play off de ascenso diante do Catro Roldas e acadaron un empate que os clasificou para a promoción. No grupo sur, o […]

O Lemos vence a domicilio e escapa do perigo

O Trío de Ases Panadería O Cantón chega nesta xornada nun formato máis reducido, xa que non se disputou xornada na Terceira RFEF por mor dos compromisos da selección galega na Copa das Rexións da UEFA, da que formou parte o gardameta da Sarriana Javi Liz e o porteiro de Sober Ramón Rodríguez (actualmente xogador […]

A derradeira xornada de Terceira Galicia, partido a partido

Chegamos á ultima xornada da liga regular na Terceira Galicia coas catro prazas de ascenso directo xa decididas desde fai varias xornadas. Celta Barreiros, que xa é campión, e Casás lograron dar o salto de categoría desde o grupo norte, mentras que Páramo e Rubián fixeron o propio no grupo sur. Neste último aínda non […]

A penúltima xornada, o gran día de Nico

Non cabe dúbida algunha de que no fútbol máis modesto moitas veces o resultado non é o máis importante. E moito menos cando sucede un feito como o acontecido no Sangoñedo. No encontro que mediu ao Chantada Atlético B coa Sarriana B debutou no fútbol afeccionado Nicolás Moscoso Baskakova ‘Nico’. Un rapaz de dezanove anos […]

O Racing Vilalbés racha a súa mala xeira 10 xornadas despois

O Tres en Raia O Cantón achéganos unha vitoria fundamental do Racing Vilalbés diante do Fabril, rival directo pola permanencia e co que iguala na clasificación. Na Terceira RFEF pleno de triunfos lucenses. A Sarriana tamén finiquitou a súa xeira negativa cun triunfo in extremis diante do Betanzos, mentres que o Viveiro deu boa conta […]

O Rubián completa o cuarteto de ascenso directos

O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada tráenos o ascenso do Rubián, o cuarto conxunto tras Celta Barreiros, Casás e Páramo que acada o ascenso directo a Segunda Galicia. Os de Senén López venceron á Sarriana B e confirmaron o salto de categoría a falta de dúas xornadas para o final da liga […]

Adestrador novo, empate seguro

Os tres técnicos que debutan esta xornada fixérono con empate nunha xornada na que non podemos celebrar ningunha vitoria no Trío de Ases O Cantón. Na Segunda RFEF o Racing Vilalbés non puido sumar no campo do Ourense CF, líder da categoría. Un chanzo máis abaixo, o Polvorín igualou diante do Bergantiños no debut de […]

Chegar e encher para un Casás de Segunda Galicia

O Tres en Raia En Boas Mans déixanos o ascenso do Casás no grupo norte. O cadro lucense venceu ao Catro Roldas e logrou dar o salto de categoría no seu primeiro ano de existencia. O Celta Barreiros goleou ao Goiriz e xa é campión, mentres que o Castroverde, o único conxunto do fútbol lucense […]

Residencia vs Ribadeo, 2021

Dani Galán despídese da Residencia con vitoria

O Trío de Ases O Cantón desta xornada déixanos o empate do Racing Vilalbés na Madalena fronte ao Compostela na Segunda RFEF. Resístese a vitoria dos chairegos que caen a posto de descenso. Na Terceira RFEF, o Viveiro acadou un triunfo en Somozas que o saca de descenso mentres que o Polvorín sumou un valioso […]

O Páramo xa é de Segunda

Dous dos catro ascensos directos xa están definidos na Terceira Galicia. O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada déixanos a festa do Páramo, que derrotou ao Relámpago Taboada nas Rapadas e xa é novo equipo de Segunda. Preto queda o Rubián, que gañou diante o Santa Comba e aproveitou o pinchazo do Sober. […]

Polvorín e Lemos gañan os derbis da xornada

O Trío de Ases O Cantón non nos trae boas novas na Segunda RFEF. O Racing Vilalbés prolongou a súa mala xeira no campo do Covadonga onde caeu derrotado e continúa unha semana máis en posto de play out. En Terceira RFEF, o Polvorín gañou o derbi fronte á Sarriana no Anxo Carro e o […]