#Feminino #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal

As nosas redes falan

A estrea dun lucense na Segunda Divisón

O xogador do Polvorín, Álex Rey formou parte da convocatoria do Club Deportivo Lugo por segunda xornada consecutiva. Co partido controlado, o adestrador Monteagudo deulle a oportunidade o mediocentro lucense. Entrou no último cuarto de hora e xogou os seus primeiros minutos na Segunda División no Arcángel. O equipo venceu con claridade ao Córdoba (0-4) e mantense fóra dos postos de descenso. Álex Rey non esquecerá este día. O futbolista regresou esta tempada ao cadro albivermello, despois do seu paso pola base do Dépor e do Celta. A temporada pasada, a primeira súa en idade sénior, xa competiu na Terceira División formando parte do Somozas. É o primeiro xogador do filial que ten minutos esta temporada co CD Lugo.

Protagonismo lucense no ascenso do As Pontes

Se hai un concello que podería ser considerado o 68º da provincia, aínda sen estar en chan lucense, ese podería ser As Pontes. A súa proximidade é evidente e a súa relación, principalmente, cunha parte da Terra Chá é clara. Unha relación que chega tamén ao mundo do fútbol. Son varios os xogadores ponteses que militan en clubs da provincia de Lugo (principalmente no Concello de Xermade) e tamén varios lucenses que xogan nas Pontes. Diego Rego, Bossa, Fidi, Erni, Óscar Rivas e case un lucense máis como Pelayo xogan nun As Pontes que regresa á Terceira Galega. Logo dunha tempada histórica, o cadro adestrado por Marco Roca confirmou onte o seu ascenso. Venceu con moita superioridade ao Castro e a festa non se fixo agardar. Se o Racing Vilalbés consegue a permanencia, a vindeira temporada volverá o derbi.



O Lemos festexou coa súa xente o regreso á Preferente

A pasada semana o Lemos ascendía de categoría na súa visita a Outeiro. Esta fin de semana festexou o salto de división ante a súa xente. Ademais o equipo volveu vencer. Derrotou pola mínima ao Pastoricense. A vitoria posibilitou tamén que os xogadores preparados por Edu Rodríguez sexan campións da Primeira Rexional 2018/2019. Celebración por partida dobre na Pinguela.

Fútbol solidario en Carballedo

A próxima fin de semana hai parón na maior parte das categorías do fútbol lucense. Pero algúns dos equipos non van descansar. En Carballedo aproveitano para xogar pola solidariedade. O cadro do Catro Ventos organiza xunto coa SD Chantada e a EFF Rosalía un triangular a beneficio da Asociación Chantada contra o Cancro. Dende a organización prometen sorpresas para tod@s.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *