#Feminino #Fútbol afeccionado

As nosas guerreiras da fin de semana!

[themoneytizer id=»15360-28″]

A pasada fin de semana non tiveron lugar competicións de fútbol feminino. Porén, hai dúas semanas si que houbo partidos, dos que non fixemos referencia. Por tanto, hoxe xoves retomamos a costume e falamos da última xornada do 2018!

O PM Friol-CD Lugo puxo fin a un gran ano cun empate na casa do Atlántida Matamá, 1-1. O choque, igualado, contou cun gran número de ocasións para ambos equipos, que puideron levarse os tres puntos, pero ao final as defensas foron protagonistas.

Na Primeira Galicia, a SD Antas perdeu 3-0 ante o Victoria «B», mentres que a SCD Milagrosa conseguiu un valioso punto ante o Orzán SD, rematando 3-3 no López Gorgoso. Xa na Segunda Galicia, nunha xornada na que descansou a SG Comercial, os resultados foron dispares.

A SD Chantada superou por 4-3 ao Portazgo, resultado idéntico ao que sufriu o Carballedo CF, que perdeu fronte ao Orzán SD «B». Por último, o PM Friol-CD Lugo «B» empatou nun encontro moi complicado na casa do Sporting Burgo, 1-1.



No que atinxe ao Fútbol-8, no derbi lucense entre SD Burela e SCD Milagrosa «B», impúxose a SD Burela de Jesús Rial, 0-3.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *