#Feminino

As nosas guerreiras da fin de semana!

Acabouse. O PM Friol puxo punto e seguido á súa andaina no Reto Iberdrola o pasado domingo na Cidade Deportiva Dani Jarque. O rival, o filial do RCD Espanyol, que necesitaba unha victoria para ter opcións de salvación. As lucenses, pola súa banda, chegaban desahuciadas. Ergo, as urxencias notáronse no verde e, a pesares de que o PM Friol fixo un  partido digno, o resultado final foi de 2-0. 

O conxunto da Reigosa culminou así unha segunda fase do campionato desastrosa, na que tan só conseguiron 1 punto de 30 posibles. Porén, o clube xa traballa arreo para devolver ao equipo a onde lle corresponde, a Segunda División do fútbol nacional.

Na Primeira Galicia, o filial friolense está a facer todo o contrario que o primeiro equipo: dez partidos invictas, con oito victorias e dous empates que as manteñen no alto da táboa. O pasado domingo, 4-0 contra o Betanzos, nun choque que as lucenses dominaron de principio a fin e que encarrilaron con dous tantos de Paula na primeira metade. O CD Lugo tamén está a asinar un gran ano, e esta fin de semana superou por 0-1 ao Orzán. O partido foi complicado para ambos equipos, moi condicionados polo vento ao longo dos noventa minutos. Na primeira metade, as albivermellas aproveitaron o aire favorable para adiantarse cun gol olímpico de Mery e, no segundo tempo, defenderon o resultado.



Tamén fixo un gran traballo a SD Antas na casa da SD Villestro, líder do grupo anulado polas celestes (2-2). O resultado resume á perfección o gran traballo de todo o equipo ao longo de toda a primeira fase. De feito, o Villestro tan só perdeu 4 puntos en toda a temporada, todos eles contra as do Castro Seoane.

A próxima xornada terá lugar xa a primeira xornada das liguillas de ascenso á Primeira Nacional, no que participarán tanto CD Lugo como SD Antas (o PM Friol «B» non pode porque a súa condición de filial impídelle xogar na mesma categoría que o primeiro equipo). As albivermellas mediránse a Victoria CF «B» e Atlántida Matamá, mentres que as de Antas terán como rivais a CP Alertanavia e Villestro.

Na Segunda Galicia, a SCD Milagrosa caeu por 10-1 fronte á EFF Rosalía, líder indiscutible do grupo. No derbi lucense entre SG Comercial e ACD Monte Forte leváronse o gato á agua as capitalinas (5-0).



O MELLOR

Teremos dous equipos da provincia nos playoffs de ascenso á Primeira Nacional: CD Lugo e SD Antas.

O PEOR

O descenso do PM Friol pon fin a unha era. Ogallá podamos disfrutar o máis cedo posible de partidos do Reto Iberdrola na Reigosa.

DESTACADAS

PM Friol: non comunica.

PM Friol «B»: non comunica.

CD Lugo: non comunica.

SD Antas: Lindsey.

SCD Milagrosa:  Catalina.

SG Comercial: Jenny.

ADC Monte Forte: non comunica.

As nosas guerreiras da fin de semana!

O partido en imaxes: Residencia-Ribadeo (2-2)

As nosas guerreiras da fin de semana!

Julio Delgado consegue a salvación co Ourense

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *