#Feminino #Fútbol afeccionado

As nosas guerreiras da fin de semana

Maio. Houbo un tempo no que este mes era o momento decisivo en todas as competicións. Porén, neste 2021, os clubes femininos da provincia aínda teñen moitos obxectivos polos que loitar, xa que a liga comezou fai escasas semanas.

O que sí que coñecerá o seu porvir neste mes será o PM Friol, que se atopa nunha situación moi delicada. Máis aínda despois da derrota deste sábado ante o Zaragoza (2-3) na Reigosa. O choque tivo dúas partes moi diferenciadas: na primeira, as visitantes dominaron con xogo directo e cambios de orientación, cos que conseguiron unha gran vantaxe no marcador, 0-3. Na segunda metade, as lucenses presionaron máis e levaron a iniciativa do xogo, pero non lograron igualar o electrónico. A falta de concentración durante os 90 minutos, algo que as de Friol arrastran desde o comezo da temporada, impediu conseguir algo positivo e afunde ao PM Friol nos postos de descenso.

Na Primeira Galicia, o PM Friol «B» segue a mellorar paulatinamente, aínda que está lonxe do seu nivel do ano pasado. Este domingo superaron ao Orzán (que ata o de agora estaba invicto) por 1-2, remontando o 1-0 inicial das coruñesas e sabendo competir pese ao forte vento que protagonizou o choque. O CD Lugo, pola súa banda, perdeu na súa visita á casa do Victoria FC «B» (2-1). O partido foi gris por parte de ambos equipos, con moitas imprecisións… e finalmente as albinegras foron quen de aproveitar mellor os erros das súas rivais. A SD Antas descansou esta semana.



Na Segunda Galicia, a boa nova chegou da man da ADC Monte Forte, que estreou o seu casilleiro de puntos ante o EF Lalín (1-2). As monfortinas asinaron un gran partido, no que dominaron durante os noventa minutos e incluso mereceron un resultado algo máis abultado. Pese a iso, as nosas guerreiras non conseguiron anotar o definitivo 1-2 até o minuto 88, obra de Laura Correas. O derbi capitalino entre SCD Milagrosa e SG Comercial non se disputou por mor da Covid-19.

DESTACADAS:



PM Friol: Non comunica.

PM Friol «B»: Non comunica.

CD Lugo: Non comunica.

ACD Monte Forte: Laura, Cheni, Henar e Alex.

O MELLOR

A victoria do ADC Monte Forte no Manuel Anxo Cortizo abre un futuro de ilusión para o clube da vila do Cabe.

O PEOR

A derrota do PM Friol complica, e moito, as súas opcións de manter a categoría.

A NOVIDADE

Camila debutou co ADC Monte Forte e completou un gran partido.

As nosas guerreiras da fin de semana

Pereira expande a fe do Santaballés na

As nosas guerreiras da fin de semana

Iago López accede á Segunda RFEF e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *