#Feminino #Fútbol afeccionado

As nosas guerreiras da fin de semana!

Sí, queridos amigos e amigas, fixeron historia. Non temos máis que palabras de agradecemento e satisfacción para as rapazas do PM Friol CD Lugo, que son novo equipo da Primeira División B -unha categoría de nova creación de cara a campaña 2019/2020-, tras quedar terceiras clasificadas no seu grupo da Segunda División, sendo somentes superadas por Deportivo e Oviedo.

Pese a que se pode falar da xesta como a Crónica dun ascenso anunciado, non foi efectivo até a pasada xornada, tras empatar co Victoria FC no Municipal do Sergas e chegando así aos 52 puntos, que as afastan catro puntos das cuartas, o Racing de Santander, e a 6 das quintas, o Matamá.  Precisamente será o Matamá o rival das lucenses no derradeiro partido de competición, que terá lugar no Anxo Carro o domingo 21 de abril ás 12:00, e ao que animamos a acudir a todos os afeccioados, para poder celebrar o éxito coas protagonistas!

Cambiando agora á Primeira Galicia, chégannos novas de todas as cores. A SD Antas, tras superar por 1-0 ao Tordoia nun moi bo partido que podería ter acabado cun marcador máis abultado, achégase ao ansiado obxectivo da permanencia. Porén, a que parece que se alonxa de dita salvación é a SCD Milagrosa, que caeu 2-0 no campo do Sárdoma «B» con dous goles na recta final do encontro.

Na Segunda Galicia, o Carballedo CF perdeu ante o Sporting Burgo (1-2) nun choque no que as lucenses deron todo de sí pero a fortuna non estivo con elas, a SG Comercial empatou 1-1 nas Gándaras co Imperator da Coruña, a SD Chantada caeu 5-2 no sempre complicado campo da Unión Campestre e, por último, o Pm Friol-CD Lugo «B» arollou unha vez máis ao seu rival, neste caso 4-0 ao Portazgo, con Patri, María, Denise a Irene.



Por último, en canto ao fútbol-8, a SCD Milagrosa «B» empatou a un gol no campo do Olímpico, e SD Burela venceu 4-1 ao Obrero. Todo semella que o título de liga se decidirá no choque Victoria «C»-Burela que terá lugar o día 28 na Coruña.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *