#Feminino #Fútbol afeccionado

As nosas guerreiras da fin de semana!

Nunha semana histórica para o fútbol feminino, as nosas loitadoras volveron deixar o listón moi alto! Sen ir máis lonxe, o PM Friol CD Lugo pasou por enriba do Atlético Arousana, 5-0, para manter a terceira posición e estar cada vez máis preto da promoción de ascenso á Primeira B.

Xa a nivel autonómico, na Primeira Galicia, a SCD Milagrosa caeu pola mínima no campo do Alertanavia, 1-0. Foi un duelo moi igualado que se puido inclinar para calquera das dúas partes, facéndoo finalmente do lado local no minuto 77. A SD Antas tampouco conseguiu puntuar, ao caer 1-2 ante o Villestro nun partido igualado no que as do Castro Seoane non aproveitaron as ocasións, e pagaron depois. Porén, aínda quedan esperanzas de que ambos equipos manteñan a categoría!

Na Segunda Galicia o máis destacado foi o derbi lucense entre Carballedo CF e SD Chantada, no que foi decisivo o gol de Iria no minuto 7 e que deu a victoria ás visitantes, 0-1. O máis destacado do choque foi o cheo que presentaban as bancadas, a pesares de que o partido se disputou un domingo ás 12 de mañá e facía moito frío! O PM Friol CD Lugo «B» descansou esta xornada, mentres que a SG Comercial perdeu 0-1 coa Xuventude de Crendes.

Xa no Fútbol 8, a SD Burela arrollou, 10-0, ao Atlético San Pedro, nun choque no que volveu destacar Cristina Carracedo, e a SCD Milagrosa «B» empatou a un gol na casa do Rayo Sadense!



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *