#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

As finais polo ascenso están servidas na Terceira Galicia

O Tres en Raia En Boas Mans tráenos aos catro finalistas polo ascenso a Segunda Galicia. No grupo norte, as eliminatorias non nos depararon sorpresas unha vez vistos os resultados dos encontros de ida. Castroverde e Piringalla disputarán a gran final tras eliminar ao Goiriz e Rioaveso, respectivamente. No grupo sur, o Sober venceu ao Río Sil no derbi e enfrontarase ao Santa Comba, que eliminou ao Sober.

Repasamos tamén os encontros do Torneo Delegación.

fase de ascenso

GRUPO NORTE

O Goriz vence ao Castroverde pero non é quen de remontar a eliminatoria (1-0). Encontro parello que se decidiu en pequenos detalles. O Goiriz protagonizou varias chegas á área rival e contou coa ocasión máis clara nun penalti que non foi quen de aproveitar. O Castroverde puido adiantarse por medio de David, cun lanzamento desde dentro da área. O desconto da primeira metade foi intenso. David enviou fóra un man a man diante do porteiro. Na seguinte xogada chegou o único tanto do partido tras un mal despexe da zaga visitante, obra de Nico. A segunda metade foi de dominio do Goiriz, que encerrou na súa área aos de Fran Veiga, aínda que sen xerar moitas ocasións de gol ata que nos últimos intres Richard salvou o tanto que igualaría a eliminatoria case baixo paos.



A vantaxe da ida dalle o pase á Piringalla diante dun moi bo Rioaveso (1-0). O conxunto chairego saiu ao campo convencido que podía remontar os catro goles de renda que traía a Piringalla. Aos catro minutos púxose por diante no marcador cun tanto de cabeza de Aleso que rematou libre de marca. Os de Asier Lozano eran claros dominadores do encontro atra que a Piringalla pouco a pouco foron colléndolle o ritmo ao encontro. O cadro local contou con varias ocasións de gol, pero non estiveron atinados. No segundo tempo, o Rioaveso baixou algo o ritmo e a Piringalla non pasou apuros para manter a vantaxe na eliminatoria.

GRUPO SUR

O Sober derrotou ao Río Sil na prórroga e accede á final (3-2). Derbi moi intenso o disputado en Centeás. O Sober adiantouse no marcador cun tanto de Luaces pero era o Río Sil quen dominaba o encontro. Froito diso chegou a remontada con dous tantos de Isaac no tramo final do primeiro tempo. Tras o paso por vestiarios o encontro seguiu a mesma tónica. O conxunto visitante levou a iniciativa, pero o Sober era quen de contragolpear con certo perigo. O pichichi Martín igualou o encontro con aínda media hora por xogar. O Río Sil contou con dúas boas ocasións para marcar quen non aproveitou e o encontro marchou á prórroga. No tempo extra, un disparo lonxano de Iván Mendes colouse na portería visitante e serviulle aos de Iban Lagoa para seguir na pelexa polo ascenso.



O Santa Comba empate nun ateigado Muncipal e deixa fóra ao Corgo (1-1). Ambientazo no feudo do Corgo para dilucidar o finalista polo ascenso. O Santa Comba sorprendeu ao Corgo coa súa presión alta e os de Abel Rochela tentaron aproveitar os espazos. Os visitantes estiveron imprecisos e o conxunto local monopolizou a posesión do balón e foi quen de adiantarse cun gol de Sebas e contaron con outra boa ocasión que desbaratou Yeyu. No segundo tempo o Santa Comba acadou o empate nun roubo de balón de Jorge que culminou Andrés. O Corgo controlou o balón e meteu na súa área a un Santa Comba que defendeu o marcador con uñas e dentes. Sebas e Raúl contaron con boas ocasións para marcar, aínda que o Santa Comba puido sentenciar, pero Harry evitou o tanto.

TORNEO DELEGACIÓN

GRUPO 1. Celta Barreiros – Catro Roldas (3-0). O campión do grupo norte impuxo a súa superioridade fronte a un Catro Roldas que acusou as numerosas baixas. Os de Rubén Acebedo foron superiores desde o comezo aínda que na primeira metade non se viron goles. O cadro chairego, con Dani Paz, xuvenil que debutaba neste encontro, como o seu mellor xogador puido adiantarese por medio de Moha. No segundo tempo chegaron os goles. Hugo e Antón puxeron axiña en vantaxe aos locais e xa no tramo final novamente Hugo deixou o partido visto para sentencia.

GRUPO 2. Friol B – Casás (0-0). Encontro sen moito ritmo no que se viron bastantes ocasións de gol, pero ningún dos dous conxuntos estiveron atinados. O Casás xerou perigo pola súa banda dereita no primeiro tempo e no segundo trocou de lado, aínda que a puntería non apareceu. Os de Bruno Castro tiveron varias contras ben levadas por Michael para tentar sorprender ao Casás sen que se movera o marcador.

GRUPO 3. Chantada Atlético B – Páramo (1-4). Encontro moi serio do Páramo que foi moi superior ao seu rival. Jose adiantou moi cedo aos de Jony Lombardía cun gol olímpico e antes dos vinte minutos Antón puxo terra de por medio. No segundo tempo Hugo marcou dous tantos e o filial chantadino recurtou desde o punto de penalti e contou con algunha ocasión para maquillar máis o resultado.



GRUPO 4. Taboada B – Bóveda (3-1). Encontro parello no primeiro tempo. Sergio adiantou ao cadro local e só un minuto máis tarde Miki empatou para o Bóveda. No segundo tempo os de Dani Ríos foron moi superiores. As baixas e o calor fixeron mella nos visitantes e Andrés e Sergio sentenciaron o encontro.

Foto de portada: Veteranos Futgal Grupo Lucense Provincial

As finais polo ascenso están servidas na Terceira Galicia

Fran Veiga, SD Castroverde: «Temos un grupo

As finais polo ascenso están servidas na Terceira Galicia

A Federación recúa e dálle a razón

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *