A última xornada da primeira fase da Terceira División promete emocións fortes. Moito máis que tres puntos en xogo. Polvorín e Rácing Villalbés pelexarán por estar no grupo que dispute o ascenso. O Viveiro desexa confirmar a permanencia pola vía rápida.
Neste artigo, deixámosvos todas as combinacións posibles de cada un dos nosos equipos lucenses para que estes consigan o seu obxectivo. Pero antes diso, esbozamos ao completo a Xornada 22 da Terceira Galega. Todos os partidos disputaranse o domingo día 28 de marzo ás 17.00 horas.
- Polvorín-Arzúa
- Silva-Rácing Villalbés
- Viveiro-Fabril
- Somozas-Bergantiños
- Fisterra-Estudiantil Vista Alegre
- Paiosaco-As Pontes
Como afrontan os nosos esta derradeira xornada?
POLVORÍN. 2 clasificado. 39 puntos.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Xogará no grupo polo ascenso se:
- Gaña o seu duelo co Arzúa.
- Empata e non gañan Somozas ou Rácing Villalbés.
- Perde e non vencen Somozas ou Rácing Villalbés.
RÁCING VILLALBÉS. 4 clasificado. 37 puntos.
Xogará no grupo polo ascenso se:
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
- Gaña ao Silva e perde o Polvorín.
- Gaña e non vence o Somozas ante o Bergantiños.
- Empata e perde o Somozas co Bergantiños.
VIVEIRO. 8 clasificado. 28 puntos.
Sálvase se:
- Gaña ao Fabril e o Polvorín non perde co Arzúa.
- Gaña e perde o Silva co Rácing Villalbés.
O Viveiro depende, polo menos, dun dos outros equipos lucenses.