#Fútbol afeccionado

Ángel Pérez, o alcalde-árbitro que deixa o chifre

Ángel Pérez foi un dos protagonistas do IV All Star Futbolinlugo. Por unha parte, na súa faceta de colaborador do evento. Primeiro, como responsable de deportes do concello de Guntín e nos últimos meses como alcalde. Por outra banda, na súa función de colexiado principal do partido masculino.

As casualides provocaron que o alcalde exercera de árbitro. Grazas a colaboración da Real Federación Galega de Fútbol e do Comité Técnico de Árbitros de Lugo, Ángel Pérez puido despedirse do chifre na súa casa. Na previa do encontro atendeu ao emblemático programa da Radio Galega, ‘Galicia en Goles’ que desenvolveu unha ampla cobertura do evento.

No seu último partido Ángel Pérez estivo escoltado nas bandas por Eduardo Feijóo e Álvaro Valín

Aquí pode escoitarse a intervención de Ángel Pérez no ‘Galicia en Goles’ coas preguntas do quirogués Carlos Julio González (a partir do minuto 19:40).



«Seguramente fose o meu último baile», afirmou Ángel Pérez nos micrófonos da Radio Galega. «Seguirei vinculado á arbitraxe, pero despídome dela na miña casa», comentou.

Dende finais de abril Ángel é o alcalde de Guntín aos seus 27 anos (fará 28 en xullo). Esta nova función dentro do concello é o factor principal para deixar de dirixir os partidos. «É unha situación difícil de coordinar, sobre todo, polo tempo e porque un quere facer as cousas ben», apuntou na Radio Galega.

Ángel Pérez, dez anos na abritraxe

Aínda que cabe a posibilidade de que este parón sexa momentáneo, Ángel Pérez pecha unha etapa. «Levo dez anos na arbitraxe. Nos últimos sete arbitrei en Primeira Galicia e como liña estiven en partidos de fase de ascenso á Segunda RFEF cos meus compañeiros de Lugo», lembrou.



Definiu o All Star Futbolinlugo como «unha xornada diferente, de festa». Ademais recalcou que «serve para premiar toda a temporada que fixeron os xogadores e vese reflectido tamén coa presenza de afeccionados e de xente de Guntín».

Ángel Pérez cortou o pelo na imprvisada barbería que Marino montou na bancada do Ladairo

Ángel Pérez protagonizou unha das anécdotas da xornada. Antes de arbitrar, pasou pola barbería improvisada de Marino na bancada do Ladairo. O comandante de Meira cortoulle o pelo ao alcalde e este reaccionou así: «Moi ben, un coñecido de sempre (risas)».

No ‘Galicia en Goles’, Ángel Pérez repasou tamén a tempada do CD Guntín tras ascender o curso anterior á Primeira Galicia e lograr a permanencia. «Foi un ano no que o equipo traballou ben e acabou na metade da táboa. Toca pensar na próxima campaña. O Concello sempre trata de axudar ao deporte como calquera outra actividade que se desenvolva aquí en Guntín».

O cadro laranxa tamén foi unha parte importante da colaboración que permitiu a Futbolinlugo organizar o IV All Star no Ladairo. O Guntín estivo representando no partido masculino por Mate Celeiro que exerceu de capitán da selección de xogadores da Primeira e da Segunda Galicia.



O lateral esquerdo Mate Celeiro portou o brazal da selección de Primeira e Segunda ao ser o anfitrión no campo do Ladairo

Ángel Pérez, o alcalde-árbitro que deixa o chifre

Diario dun mercado. Episodio 417

Ángel Pérez, o alcalde-árbitro que deixa o chifre

Diario dun mercado. Episodio 418

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *