Dende o 2012 a provincia de Lugo vive un feito case inédito. Conta cun equipo no fútbol profesional. Unha razón que arrastra a unha maior profesionalización da estrutura dun club. Dende que o Polvorín sénior pasou a formar parte do CD Lugo, non parou de medrar en canto a categorías se refire. Da Primeira Rexional a afrontar a súa terceira tempada na Terceira Galega. A inestabilidade no banco do primeiro equipo, non foi a práctica seguida no filial. José Durán consolidou o proxecto na cuarta división estatal. Pero este verán, os trocos tamén afectaron ao preparador lucense. No seu canto, o CD Lugo mirou ao mercado español. Álex Ortiz Cabrera (01-10-1987, Málaga) chega con experiencia no fútbol base e na Terceira Andaluza. Formou parte do MálagaCF e adestrou en 3ª ao Alhaurín de la Torre ou ao San Pedro. A chamada do Lugo pillouno cun proxecto no Viitorul de Rumanía. Este esudoso do fútbol non o dubidou. El, mellor ca ninguén, sabe como buscalo sentido. El entrenador en busca de sentido é o título do seu primeiro libro. Adestrador e escritor. Promete máis. A segunda publicación xa está en marcha. Veremos se algún capítulo lle corresponde ao Lugo B.
FUTBOLINLUGO: Primeira vez no fútbol galego nun momento de pandemia.Cales son as sensacións ante o inicio da temporada?
ÁLEX ORTIZ: En liñas xerais estou contento. Foi unha pretemporada moi atípica. Tivemos amigables suspendidos que nos fixeron improvisar sobre a marcha. A saúde é o máis importante. Se se presenta unha situación na que o equipo rival puidera ter contacto cunha persoa contaxiada, é normal non xogar. Hai que tratar de adaptarse. Tampouco creo que estes incidentes teñan unha gran influencia na preparación. Estou contento por como están sendo os adestramentos e por como foron os partidos.
Fil: Como se presenta a opción de vir a Lugo e por que a aceptas?
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
AO: O ano pasado estaba en Rumanía como director de canteira e metodoloxía. Puxéronse en contacto comigo. Falei con Diego Sánchez e tivemos unha charla para coñecernos e saber cales eran as miñas inquedanzas. Por ambas partes quedamos contentos. Priorizaban que era unha persoa nova que traballara na formación de futbolistas. Encaixaba. Ademais de Diego, sabía que estaba aquí Jorge de Cózar. Xa o coñecía de Andalucía e sei que é un currante nato. Foron os feitos que me fixeron decidir. E deixar a etapa de Rumanía, aínda que tiña un ano máis de contrato. Alí déronme facilidades.
«A competición e a formación non son antagonistas»
|FILIAL| ⚽
➡️ O #CDLugoB comeza a súa preparación, na pretempada 20-21!
➡️ Os xogadores dirixidos por @Alexortiz1987 xa traballan na primeira sesión!#ForzaLugo pic.twitter.com/mfV38e5Zl6— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) August 31, 2020
Fil: Sabes xa un pouco a categoría que vos espera?
AO: Polo que puiden ir vendo o nivel é bo. Os partidos son moi intensos. Algo que nos vén ben como filial para a formación dos xogadores. Non podo darche ningunha nota negativa nese sentido. Os equipos que vin saben ao que xogan. Hai moitas situacións de área.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
Fil: Usas a palabra formación. Que peso lle dás nun equipo filial?
AO: Nun filial e tamén xa na época de xuvenís, a competición e a formación deben ir da man. Non son antagonistas. O meu obxectivo é formar xogadores para que podan asentarse no primeiro equipo. Estes xogadores deben ser tamén un dos piares no primeiro equipo. Pero esa formación non deixa de lado a competición. A intentar gañar sempre. E a seguir medrando cada semana tanto a nivel individual como colectivo.
Fil: Como ves o formato da competición?
AO: Ten a súa parte boa e mala. Para os afeccionados vai ser moito máis atractivo desde o primeiro momento. Os puntos van ser importantes nunha primeira fase relativamente curta. Hai que sumar o máximo posible. Este sistema vai permitir saber polo que vas loitar. Na competición regular anterior, ao mellor ata o último tramo de liga non sabías exactamente onde te ías colocar. Agora cando remate a primeira fase xa sabes polo que hai que pelexar. O malo é que con esta situación pode haber equipos que por mor da pandemia teñamos que estar dúas semanas illados e perder os adestramentos. A competición si que pode verse marcada por esas situacións.
Fil: Introdúcense tamén novas regras de xogo. Que incidencia cres que pode ter a norma de permitir cinco trocos por encontro?
AO: Vai ser positivo, sobre todo, para os xogadores. Van ter moitas máis oportunidades. Con cinco cambios cambias a metade dun equipo. Logo vai depender moito dos conxuntos. Os cadros de xogadores máis longos van ter máis facilidades. Van ter máis posibilidades de alterar o once. E o dos cambios tamén vai incidir nos futbolistas con cartóns amarelos. Tes máis opcións para cambiar e deixar ao equipo limpo de cartóns.
Fil: Tamén está o asunto da reestruturación da Segunda B. Indirectamente vai afectar a Terceira. Como a valoras?
AO: Creo que profesionalizar unha categoría máis vai axudar a que os clubs non deixen de abonar aos seus xogadores. Vai ser beneficioso para os equipos que teñan moi claro onde queren estar e teñan potencial. A Segunda B Pro vai axudar a que poidamos coñecer de maneira máis próxima aos conxuntos desa categoría. Igual nese sentido a Segunda B estaba máis esquecida. O problema vai estar nos clubs que igual non teñan infraestrutura suficiente para estar nesa categoría, pero que si o consigan por méritos deportivos. Tanto a Federación como as entidades terán que ver como darlle solución a iso. Hai un descoñecemento grande.
«O club ten argumentos suficientes en todas as liñas»
Fil: Chegas a un fútbol descoñecido para ti. Como ves o cadro de xogadores?
AO: Vin todo o que podía ver antes de comezar. Unha vez que xa comecei a velos no campo a sorpresa foi boa. O club ten argumentos suficientes en todas as liñas. Xogadores interesantes para que nun futuro podan ir pasando ao primeiro equipo en función das necesidades que vaia tendo. É un grupo con nivel, con compromiso e excepcional a nivel humano. Captan rápido todas as mensaxes.
Fil: Está o cadro de xogadores pechado?
AO: Practicamente si. Dependemos de si o primeiro equipo sobe algún xogador. Tiraremos dalgún xuvenil para adestrar. Temos a sorte de contar con moitos xogadores que poden xogar en varias posicións. Isto danos un plus.
Fil: Chama a atención que o filial teña a catro porteiros. Como se xestiona esa situación?
AO: En principio a idea é que todos os gardamallas do filial podan ir estando na dinámica do primeiro equipo por se nalgún momento os necesitan. Creo que esa competitividade interna vai ser positiva. O nivel é moi alto.
Fil: Son varias as fichaxes no Lugo B nestes últimos anos. Por quen debe estar integrado o filial?
AO: Ten que haber un equilibrio. Durante a temporada o club ten que facer unha valoración do que realmente debe servir. Que xogadores teñen esa proxección. E no caso puntual de que non o teñas, saír buscalo. A miña sensación é que no Lugo apóstase moito polo futbolista galego e da canteira. Os xuvenís que máis puiden seguir creo que están preparados para integrar o filial e manter o nivel.
Fil: O certo é que de momento non vimos a ese xogador lucense consolidarse no primeiro equipo. Aínda que ti o vexas desde fóra porque acabas de chegar, cal pode ser esa explicación para que os futbolistas non se consoliden na elite?
AO: É complicado. E cada situación particular. Teñen que darse moitas circunstancias. Creo que ás veces é máis fácil que durante a tempada poda subir un xogador, ca que de principio haxa a oportunidade e quede. O salto tamén é grande. Pero fai falta confiar. Ao principio é difícil. Hai que atreverse. Aínda que por desgraza no fútbol estas situacións danse cando hai necesidades. Un aspecto fundamental é que os adestradores aposten.
«Queremos intentar ser protagonistas sempre»
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2019/03/IMG_0957.jpg)
Fil: Como queres que xogue o Lugo B?
AO: Queremos intentar ser protagonistas sempre. Tanto con balón como sen el. Probablemente os ritmos de partido van ser altos. Pola nosa xuventude é algo que podemos aguantar con garantías. Queremos practicar un fútbol ofensivo. Ter criterio co balón e logo ser tamén un equipo ordenado.
Fil: Gústache a Cheda como escenario principal para xogar de locais?
AO: As instalacións son aptas para competir. A todos os clubs lles viría de luxo ter unhas instalacións propias para non depender das distintas administracións. Sempre é un plus. Pero polo de agora non nos condicionou. Dispoñemos de campos o tempo que o precisamos. Este tipo de situacións son comúns. Pasábame tamén no Málaga, por exemplo.
«Gústame saber que están facendo outros compañeiros»
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2020/10/alex_ortiz.jpg)
Fil: Es un estudoso do fútbol, que representa para ti?
AO: Son un apaixonado do fútbol, do deporte, de analizar o xogo, de tratar co corpo técnico e cos xogadores. Dende que comecei a adestrar con 17 anos tiña moi claro que a miña vida tiña que estar vinculada ao fútbol. Non puido ser como futbolista, xa que non tiña as capacidades axeitadas. Gústame estar facendo cursos, ir a conferencias,… Gústame saber que están facendo outros compañeiros. E quedarme co que poda ser interesante para min.
Fil: Preparas un novo libro. Será unha segunda parte ou algo diferente?
AO: Sobre metodoloxía. Que é o que estiven investigando. Centrado no desenvolvemento, a formación e a proxeción de xogadores. Analizando os diferentes ámbitos dunha canteira do fútbol profesional.
Fil: Aínda que non estean de todo eses estudos completados, tes formación tamén en psicoloxía. Cal é a importancia que lle dás no fútbol?
AO: A mente é clave. No fútbol e na vida. Podemos estar moi ben de pernas, pero se a cabeza non vai como ten que ir imos ter moitas dificultades. O traballo de socialización é importantísimo. Dinme conta facendo o primeiro curso de adestrador.
Fil: Dáselle a importancia que ten?
AO: Pouco a pouco. Ao primeiro para os adestradores e os xogadores ir ao piscólgo era a última estancia. Ter que ir era como asegurar xa que o problema era grave. Pero iso non é así. Creo que o psicólogo ten que intervir, incluso, antes de que se presente o problema. Persoas como Patricia Ramírez ou Antonio Mendo foron abrindo camiño. E adestradores como Luis Enrique foron do s primeiros en botar man dun psicólogo para os xogadores e tamén para o corpo técnico. Para convivir coa presión do día a día.
Fil: Por último, por que obexectivos debe pelexar o Lugo B?
AO: Se che falo do que quero, tiro para arriba. Son moi esixente comigo mesmo. Non descarto nada. O obxectivo é estar o máis arriba posible. Se me das a escoller entre posición e xogadores, prefiro que desta fornada cheguen xogadores ao primeiro equipo. Pero prefería escoller as dúas. Vamos saír en cada encontro para conseguir os tres puntos.