Álex Boedo, da Sarriana

Álex Boedo (Sarriana): «O clube é unha familia»

A Sarriana logrou unha vitoria histórica na pasada fin de semana ante o Numancia por 4-2. O encontro dos de Iván Carril foi sublime en ambos lados do campo para conseguir tres puntos de gran valor, aínda que houbo unha figura que brillou por riba do resto. Álex Boedo, na súa primeira titularidade do curso, acadou tres asistencias nas que puxo en valor todo o seu talento. ‘O Des’ vive a súa terceira tempada na Ribela e cóllea con máis ganas ca nunca.

O dianteiro de Carballo será unha das pezas máis importantes do bloque ofensivo da Sarriana de cara á súa aventura na Segunda RFEF. O xogador pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do encontro ante o Numancia, a tempada para o equipo e a evolución da institución.

Entrevista a Álex Boedo da Sarriana

Encontro ante o Numancia: «É unha vitoria moi importante porque nos permite encadear dúas consecutivas e sobre todo ante un Numancia que é un dos grandes candidatos da categoría. Foi un encontro complicado porque tivemos que remontar dúas veces, pero solventámolo e fixemos un día moi especial para todos».

Actuación individual: «Estaba jodido porque estiven sancionado nas primeiras tres xornadas. Necesitaba coller sensacións e atopeime individualmente moi ben. Espero que todo siga así».

Evolución da Sarriana: «Aquí estou moi cómodo en todos os aspectos. Valoro moito toda a confianza que dan no clube e a verdade é que me gusta como se fan as cousas e que sempre se intente mellorar, aínda que sexa pouco a pouco. A Sarriana é unha familia e conseguimos que todo vaia saíndo ben».

Inicio da tempada: «Estamos moi contentos porque as sensacións son importantes, pero os resultados fan que creas no traballo que se está a facer. Temos un grupo con moita enerxía e que a min me parece que é moi bon».

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *