Adrián Benavides, adestrador do Viveiro

Adrián Benavides (Viveiro): «Tiña moita curiosidade por adestrar en Galicia»

O Viveiro está nunha mala xeira que fai que a permanencia na Terceira RFEF se complique. Moito máis cando, hai dúas xornadas, Fabri presentou a súa dimisión, o que obrigou ao conxunto mariñán a ter que moverse na busca do seu terceiro adestrador nesta tempada. O nome elixido foi Adrián Benavides, un descoñecido en Galicia pero cun gran nome en Castela e León, sobre todo no fútbol base con experiencias en División de Honra e tamén na Terceira.

Futbolinlugo: Como xorde o primeiro contacto co Viveiro?

Adrián Benavides: A min chámame o presidente a semana pasada. Entendo que un dos grandes motivos foron as referencias que puido ter de xogadores que estiveron no grupo leonés da Terceira e incluso dalgún ao que cheguei a adestrar.

FIL: Tiñas ganas de adestrar en Galicia?



AB: Tiña moita curiosidade. Sempre seguín o fútbol galego pola relación que teño con moita xente vencellada a el e polo gran nivel que ten. Tanto na Terceira coma en divisións máis altas sempre tivo equipos moi potentes. Cando me chegou a oportunidade non o dubidei porque era unha oportunidade para coñecer o fútbol galego máis e encima nun clube histórico coma é o Viveiro.

«Quero que o Viveiro teña moita intensidade»

FIL: Que queres que defina ao teu Viveiro en canto ao xogo?

AB: Máis alá de que todos os adestradores temos que adaptarnos aos xogadores que temos, cada un ten as súas señas de identidade. Eu quero que o cadro teña unha presión alta, moita intensidade, ser contundentes nos duelos, afogar ao rival e ser o máis verticais posibles sen especular co balón nos pés.



FIL: Que é o que máis che chamou a atención do clube cando chegaches a Viveiro?

AB: As malas sensacións do equipo, sobre todo o primeiro día, foi o que máis me chamou a atención. Vimos dunha mala dinámica con só dúas victorias nos últimos nove partidos e o equipo non atopa o que necesitan para lograr sacar os tres puntos. Iso xera frustración nos xogadores porque queren pero non poden. Toda a semana centrámonos en axudar tanto no táctico coma no emocional para que cheguemos ao encontro do domingo coas ideas claras e ir a vencer ao Boiro dende o primeiro minuto.

FIL: Falabas do partido contra o Boiro, un encontro moi importante para a permanencia entre dous equipos que, a priori, todo o mundo contaba que estiveran máis arriba na táboa. Como ves o encontro que ademais vai ser o teu debut?

AB: O debut a verdade é que non me importa, o que necesitamos é que o cadro afronte o encontro con seguridade, facendo o que ten que facer e coas máximas condicións para gañar dende o minuto un. Tácticamente quero que sexa recoñecible, pero quero que dende o comezo gañemos en intensidade e todos os duelos posibles.



Adrián Benavides (Viveiro): «Tiña moita curiosidade por adestrar en Galicia»

O Goiriz xa acariña o ascenso

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *