#Fútbol afeccionado

Aberta a inscrición para os 3 concursos do IV All Star

copa

Os concursos son un imprescindible no All Star. O evento futbolístico por excelencia da nosa provincia conta, ademais dos partidos feminino e masculino, con xogos nos que pode participar calquera: xogador, adestrador, afeccionado; adultos, cativos… Todo o mundo está invitado.

concursos

Desde agora abrimos a inscrición para calquera dos tres concursos que terán lugar e que detallamos nesta entrada. O prazo estará aberto ata o venres 21 ás 19.30 e as prazas son limitadas: tan só poderán participar dez persoas en cada xogo, que serán aceptados por rigurosa orde de inscrición. Insistimos, todo o mundo pode participar nos concursos.

Tres concursos. dúas novidades

CHUTÓMETRO: da man dos amigos de BMS Sport Health chega o Chutómetro, que medirá a vosa potencia de disparo. Teredes que golpear un balón cara unha portería pequena, que se atopará a unha curta distancia, e a tecnoloxía determinará quen ten máis forza para desprazar o balón e furar as mallas dos rivais. Poderán participar 10 persoas.

FUTGOLF: consolidado xa como un clásico do All Star, será o único dos concursos que se realice por parellas e poderán participar ata un máximo de 10 pares. Os xogadores comezarán co balón no medio do campo e, intercalando os lanzamentos, terán que deixar o balón nun dos recunchos de córner do Ladairo. Completado isto, o seguinte —e último— paso será enviar o balón ao seguinte recuncho de esquina máis próximo. A parella que complete o percorrido en menos golpeos será a vencedora.



MALLA DE PRECISIÓN: un clásico das redes sociais. Os participantes terán que realizar tiros a porta desde fóra da área e, en función da zona da portería pola que entre o coiro, recibirán máis ou menos puntos. Cada xogador disporá de 5 disparos e o que consiga máis puntos, vencerá. De novo, o límite de participantes será de 10.

A inscrición formalizarase de tres xeitos diferentes: enviando o voso nome por correo electrónico a futbolinlugo@gmail.com, escribindo unha mensaxe directa de Instagram a Futbolinlugo ou unha mensaxe a través de Facebook á conta Futbolinlugo.



Aberta a inscrición para os 3 concursos do IV All Star

Diario dun mercado. Episodio 409

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *