Abel Rochela, adestrador do Corgo

Abel Rochela (Corgo): «Levaron bronca polo único gol que recibimos»

O Corgo está a marcar o paso no grupo sur da Terceira Futgal. O seu sete de sete en vitorias no comezo da tempada consolídaos como un dos principais favoritos para xogar na vindeira tempada na Segunda Futgal. Pero a súa situación é destacada, xa que con só un gol encaixado é o equipo que menos recibiu en toda Galicia. Incluso cos seus promedios, 0,14 por encontro, superan a equipos que levan máis encontros. Un muro defensivo que tamén logra marcar, 20 a favor.

Os de Abel Rochela lograron ter un muro defensivo en base ao traballo coral e case sen pretender selo. Ese xogo colectivo fai que estean máis preto de sacar unha espiña que leva no Corgo dúas promocións de ascenso consecutivas. O técnico do Corgo pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do récord e do seu inicio da tempada.

Entrevista a Abel Rochela do Corgo

O récord: «Non tiñamos nin idea, sabía que levábamos poucos pero non lle dabamos importancia. É anecdótico, pero contrasta porque os meus equipos destacan por ser ofensivos, o que é moi curioso. A chave non está nin nos porteiros nin na defensa, é mérito do traballo dos de arriba. Os porteiros levan tres paradas esta tempada polo traballo de todos, que fan que non recibamos ocasións. O gol que recibimos foi ante o Quiroga. Levaron unha bronca polo fallo nunha marca, o que o fixo aínda se acorda».

Inicio da tempada: «Parece fácil, pero non o é. É unha liga moi curta e fixemos dous meses de pretempada. Se se escapa nas primeiras xornadas, é moi difícil remontar. Convencer aos rapaces para adestrar tres días e complexo, pero están traballando moito e agora xa todo é máis contínuo. O vestiario é unha piña, levamos tres anos xuntos e nunca hai ningún problema. O ambiente é moi bon e despois dos partidos, domingo de Cook como tradición».

Espiña da promoción: «O obxectivo é subir desde hai dúas tempadas. Queremos subir directos e imos polo bon camiño, pero aínda falta moito, temos partidos moi importantes e non nos podemos despistar en ningún momento».