O Incio Terra Brava, da Terceira Futgal

A Terceira Futgal ve a luz verde para arrincar

A Terceira Futgal xa está preparada para comezar a súa andaina unha tempada máis. Pese ao temor dunha posible unificación na vindeira campaña, todos os equipos só teñen na mente un obxectivo de cara a este curso, acadar o ascenso pola vía directa ou pola do play off. Todo dividido en dous grupos nos que a loita é segura durante todo o ano, o que significa que a diversión para os afeccionados está garantida en todos os campos.

A Terceira Futgal Norte quere batalla

A Terceira Futgal Norte anticipa unha gran igualdade entre todos os equipos. Un nivel moi parello no que equipos como o Cazás, que vén de facer a mellor tempada da súa historia, Roupar, Celeiro Club del Mar, Catro Roldas ou Abadín queren buscar dar un golpe enriba da mesa. A mellor parte do grupo é o gran nivel de todos, polo que non se ve un favorito realmente claro dentro dunha loita de máxima dureza e moi pouco tempo.

Este grupo é o único que ve unha nova incorporación no noso fútbol, o Pol B. Un proxecto ambicioso que mira a varias das potentes canteiras chairegas para buscar medrar. Rioaveso Machinango, Comercial, Mondoñedo Ciudad ou Muimenta queren aproveitar ao máximo o seu bo estado de forma para loitar ata o final e buscar loitar pola zona nobre.

O Sur está a pleno rendemento

Pola súa parte, o grupo Sur da Terceira Futgal ofrece unha maior incertidume nos seus equipos. A Piringalla, pese á súa situación xeográfica, xogará neste grupo, o que o fai un dos posibles contendentes para lograr o ascenso. Outros dous serán O Incio Terra Brava, recién descendido e inmerso no seu décimo aniversario como clube, e o Corgo, que estivo ás portas de lograr o ascenso na pasada campaña. Tamén nomes como Rubián, Quiroga ou Carballedo poden estar na loita.

Un dos equipos cos que hai que ter un ollo posto é o Taboada B, que xa rendiu moi ben na pasada tempada. O Río Sil tamén promete dar loita e buscar sorprender a propios e estranos. Os dous equipos que foron colistas a pasada tempada, o Relámpago Taboada e o Bóveda, teñen novos proxectos cos que esperan dar un plus na súa competitividade de cara a esta tempada. Un ano ilusionante para vinte equipos que queren dar un paso máis e ascender á Segunda Futgal

A Terceira Futgal ve a luz verde para arrincar

O lume detén o fútbol en Pantón

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *