#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

A Segunda só descansará en Nadal e Semana Santa

Os trinta conxuntos da Segunda Galicia xa coñecen a súa folla de ruta para a temporada 2022/2023. A categoría comezará a finde do 18 de setembro. E a fase regular concluirá o último día de abril, xogándose os play offs polo ascenso durante o mes de maio.

A primeira xornada deixa partidos ben interesantes no Norte coma o derbi Cospeito-Muimenta ou un duelo de altura como o Meira-Folgueiro. No Sur da provincia, Friol e San Lázaro veranse as caras nun enfrontamento entre recén descendidos. O ascendido Lemos B visitará Paradela e o Carballedo estrearase na casa ante o renovado San Roque.

Na última xornada da Segunda, destacan o Guitiriz-Iberia e o Cospeito-Alfoz no Grupo Norte. No entanto, o Ferreira-Becerreá e o Guntín-Friol salientan na zona sur.

A fase regular constará de 30 xornadas nas que se o primeiro clasificado de cada grupo de Segunda Galicia ascenderá directamente. Do segundo ao quinto xogarán un play off, cun ascenso máis en xogo en cadanseu grupo. A continuación deixamos algunhas claves en relación as datas:



  • A liga deteríase o domingo 18 de decembro (día da final do Mundial) e volvería tres semanas despois, na finde do 8 de xaneiro.
  • A primeira volta rematará ese 8 de xaneiro.
  • A competición non parará no Entroido (19 de febreiro) si en Semana Santa (8 de abril).

A Segunda só descansará en Nadal e Semana Santa

Diario dun mercado. Episodio 320

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *