A Segunda Futgal xa ten folla de ruta
-
- 0
- 2min de lectura
A Segunda Futgal xa ten claro cal vai ser o calendario da vindeira tempada para a categoría. Tanto o grupo Norte como o grupo Sur teñen definidas as datas importantes, os derbis, os partidos de alta tensión e todo coa ilusión de todos os xogadores, corpos técnicos e afeccionados. 16 equipos en cada unha das ligas para unha campaña chea de emocións. A mala noticia é que o Cospeito deu a súa baixa da competición para saír na Terceira Futgal para a próxima tempada.
A Segunda Futgal comezará na parte norte da nosa provincia cunha xornada moi interesante e con moito que contar. Os encontros da primeira xornada da competición serán: Goiriz-Folgueiro, Pastoricense-Celta Barreiros, Candelaria-Cabreiros, Xermade-Matela, Casás-Alfoz, Castroverde-Riotorto, Meira-Guitiriz e San Ciprián-Pontenova. Esta disputarase na fin de semana do 13 e 14 de setembro.
Toda a tempada rematará na fin de semana do 17 de maio, onde todos os encontros serán en horario unificado. Esta última xornada terá os seguintes partidos: Matela-Cabreiros, Candelaria-Celta Barreiros, Pastoricense-Pontenova, San Ciprian-Folgueiro, Goiriz-Guitiriz, Meira-Riotorto, Castroverde-Alfoz e Xermade-Casás.
No caso da Segunda Futgal Sur, todo comezará con grandes encontros para dar a apertura dunha tempada que promete moitas emocións. Todo arrincará cunha primeira xornada na que os encontros serán: Monterroso B-Sober, Becerreá-Ferreira, Chantada B-Paradela, San Lázaro-Lemos B, Portomarín-San Roque, Sarriana B-Santa Comba, O Páramo-Friol e Palas-Antas.
Todo terminará cunha última xornada na que moitos equipos se xogarán cumplir todos os seus obxectivos dos próximos anos. Estos encontros serán: Paradela Lemos B, San Lázaro-Ferreira, Becerreá-Sober, Monterroso B-Antas, Palas-Friol, O Páramo-Santa Comba, Sarriana B-San Roque e Chantada B-Portomarín.