A Sarriana festexa o ascenso

A Sarriana xa sabe a súa viaxe

A Sarriana conseguiu hai xusto unha semana un ascenso histórico a Segunda RFEF despois de gañar ante o Pulpileño no play off de Terceira RFEF por 3-2 na Ribela cun gol de Azael no minuto 104. Despois de toda a explosión de ledicia que houbo durante a celebración, que coincidiu coas festas do San Xoán, o club xa coñece cal vai ser o seu camiño de cara a tempada que vén. Un grupo que, na súa estrutura, ocupa as mesmas comunidades que na tempada pasada, Galicia, Asturias, Cantabría e Castela e León, evitando a posibilidade de ir ao País Vasco.

Os rivais máis próximos

A Sarriana reunirase con varios vellos coñecidos da Terceira RFEF moi próximos. O encontro que vai ter a maior consideración de derbi será ante a UD Ourense, que tamén ascendeu esta tempada, xa que os 81 quilómetros que os separan fan que sexa o encontro con menos viaxe para ambos. Tras el chega o duelo en Abegondo ante o Deportivo Fabril, con 113 quilómetros, e a viaxe de 154 quilómetros ás Eiroas para enfrontarse ao Bergantiños.

Por un quilómetro de diferencia, o encontro ante o Atlético Astorga, 179, é máis próximo que o encontro no Vao ante o Coruxo, 180, algo curioso pero que exemplifica o gran salto de diferencias que hai dentro da categoría. Cos equipos asturianos, as distancias aumentan considerablemente. Marino de Luanco, 269, Oviedo Vetusta, 278, Langreo, 291, e Lealtad, 298, son os últimos rivais nos que a Sarriana non superará no seu traxecto os 350 quilómetros.

As odiseas para a Sarriana

O complicado chega cando hai comezar a baixar cara o centro peninsular, onde todas as viaxes superan os 350 quilómetros. O encontro ante o Valladolid Promesas, 351, e contra o Salamanca, 372, marcaran as distancias intermedias, e dúas das viaxes que máis ilusionan á afección ata que cheguen os grandes períplos. Os encontros ante Burgos Promesas, 408, Real Ávila, 438, Rayo Cantabria, 442, e Gimnástica Segoviana, 466, poñerán a proba a resistencia ás viaxes dos sarriaos.



Pero os grandes retos para a Sarriana serán os encontros ante o Sámano e o Numancia. 509 quilómetros sepárano do ascendido cántabro, mentres que do histórico estadio de Los Pajaritos son 535, a viaxe máis longa de toda a tempada. En total, o club sarriao percorrerá ao longo do noroeste e centro penínsular un total de 5.364 quilómetros para chegar aos campos, o que contando a volta suporá que os xogadores do cadro sarriao estará durante 10.728 quilómetros nas carreteras.

Foto de Alba Arias



A Sarriana xa sabe a súa viaxe

Diario dun Mercado. Episodio 471

A Sarriana xa sabe a súa viaxe

A Sarriana xa sabe a súa viaxe

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *