O Brollón podería xogar na Primeira Futgal de Ourense

A proxima Primeira Futgal deixaría ao Brollón en Ourense e á Milagrosa en Lugo

A Real Federación Galega de Fútbol ten preparada a súa proposta de grupos da Primeira Futgal de cara á vindeira tempada. O fútbol lucense voltará a verse partido debido a que, segundo a esta idea da Federación, o Brollón tería que xogar no grupo ourensán. Onde si que haberá boas noticias cos grupos será na Milagrosa, que despois dunha longa travesía por Pontevedra con permanencia incluída, neste curso voltarán a xogar en Lugo.

Realidades opostas na Primeira Futgal

O Brollón tería a realidade máis dura da Primeira Futgal no canto dos equipos lucenses se se cumpre a proposta inicial. Aos da Ribeira Sacra tocaríalles viaxar a Ourense para competir nesta división, algoque ofrece vantaxes e inconvintes. Traxectos como a Córgomo ou ás localidades próximas a Ourense cidade serían máis sinxelos pola proximidade, pero xogar ante Verín, Muíños, Francelos ou Monterrey serían auténticas odiseas.

Quen, segundo a proposta, respiraría moito máis tranquilo sería o cadro de xogadores da Milagrosa, despois de que o ano pasado tiveran que ir ao grupo pontevedrés, nesta ocasión voltan a competir cos equipos lucenses. Os de Madriles firmaron unha permanencia moi sufrida e na que tiveron que remontar na segunda volta para agora ter a calma de que a situación tan difícil no canto das viaxes que lles tocou vivir na pasada campaña na Primeira Futgal non voltaría acontecer.

Outros equipos poden respirar tranquilos, xa que os dous equipos de Chantada, o Taboada ou o Atlético Escairón librarían de ir a Ourense, equipos como o Santaballés esquécense da opción de ir ás Pontes ou os da Mariña xa non terían a probabilidade de xogar en Ferrol. A Primeira Futgal quedaría igual para os lucenses, con só un equipo xogando fóra da provincia, que neste caso cambiaría de ser a Milagrosa a ser o Brollón.



O Lemos podería ir á Preferente Sur

Os rumores de posibles movementos para os grupos dos equipos lucenses tamén pasan pola Preferente. O Lemos é un dos principais candidatos a xogar na Preferente Sur, aínda que a súa situación xeográfica sexa máis propia para entrar no grupo Norte. Hai tres equipos máis que tamén teñen algún tipo de opción de ir ao grupo sureño: Lalín, Cidade de Ribeira e Puebla. De feito, ata non hai moito tempo era o Lalín un dos que máis posibilidades tiña, pero agora son os de Monforte os que teñen as de perder. A decisión final coñecerase nunhas semanas.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *