A Residencia, segunda na Primeira Futgal do curso anterior

A Primeira Futgal xa ten calendario

O fútbol está cada vez máis preto de voltar á acción e na Primeira Futgal xa teñen folla de ruta de cara á vindeira tempada. Os equipos lucenses da categoría estarán ubicados un ano máis no grupo 3 coa excepción do Brollón, que xogará no grupo 4 cos equipos da provincia de Ourense. Unha tempada que, grazas ao seu calendario, deixa claro que viviremos un curso trepidante onde os equipos loitarán ata o final para acadar o ascenso á Preferente ou a permanencia na categoría.

O inicio, o fin de semana do 7 de setembro

A tempada comezará o fin de semana do 7 de setembro con grandes encontros do horizonte. No grupo lucense un curso de moita ilusión comezará con: Chantada Atlético-Guntín, Santaballés-Iberia, Rácing Villalbés B-Atlético Escairón, Monterroso-Foz, Oural-Castro, Lourenzá-Residencia, Ribadeo-Xove Lago, Taboada-Chantada e Milagrosa-Outeiro de Rei. Ademáis, no grupo ourensán as cousas para o fútbol provincial arrincarán cun Meliás-Brollón.

O regreso da Milagrosa ao grupo lucense será no Luis Gorgoso, mentres que o debut do Iberia na Primeira Futgal na súa casa terá que esperar á segunda xornada. Castro e Residencia, que disputaron o play off, comezan fóra da casa, mentres que o Ribadeo terá un derbi mariñán na primeira xornada e o Atlético Escairón comezará na Terra Chá.

Unha última xornada na Primeira Futgal de moitas emocións

A tempada na Primeira Futgal pecharase na xornada 34 durante o fin de semana do 17 de maio, día festivo pola celebración do Día das Letras Galegas. Os encontros que definirán todo o ano serán: Outeiro de Rei-Chantada, Taboada-Xove Lago, Ribadeo-Residencia, Lourenzá-Castro, Oural-Foz, Monterroso-Atlético Escairón, Rácing Villalbés B-Iberia, Santaballés-Guntín e Milagrosa-Chantada Atlético. A festa rematará para o Brollón cun La Purisima-Brollón.

Unha tempada perfecta para que os afeccionados do fútbol lucense poidan desfrutar dos seus equipos favoritos e poder visitar os estadios de toda a provincia. O calendario completo do Grupo 3 e do Grupo 4, onde está o Brollón xa está a vista de todos a falta de un mes e tres días para que comece a rodar o balón por todas as zonas de Lugo.

A Primeira Futgal xa ten calendario

Diario dun Mercado. Episodio 490

A Primeira Futgal xa ten calendario

Kiko Rey: «Que lle poñan o teu

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *