O Burela ascendido á Preferente

A Preferente xa ten calendario

Unha nova tempada chega para a Preferente e os equipos lucenses atópanse preparados para un reto sempre complicado. Este ano será máis xa que os lucenses da categoría estarán dispersos. Pol e Burela xogarán no tradicional Grupo Norte para os equipos da provincia, pero o Lemos embarcarase nunha nova aventura disputando o Grupo Sur, onde compartirá grupo con Ourense e Pontevedra. Un ano trepidante que xa ten folla de ruta para os dous grupos.

Dous na casa e un fóra

O inicio da tempada, na fin de semana do 7 de setembro, será trepidante para os tres equipos. Neste caso, será o Pol o único que comece fóra da casa frente a un club cunha gran traxectoria como é o Victoria. O Burela terá que enfrontarse no seu primeiro encontro a todo un Sigüeiro con ganas de establecerse na zona alta da categoría un ano máis, aínda que sen o máximo goleador Cristian Liñares, novo xogador do Lalín. No caso do Lemos, a súa nova aventura arrincará fronte a un Choco que a tempada pasada acadou a salvación na última xornada grazas a unha alineación indebida do Cented Academy

O final de tempada, que se disputará na fin de semana do 17 de maio, tamén será curiosa para os tres equipos. O primeiro é que o Pol tamén será o único que remate alonxado do seu estadio, neste caso ante un Paiosaco que no curso pasado no conseguiu unha sólida séptima posición. Xusto detrás quedou o Cidade de Ribeira, que se enfrontará ao Burela no último encontro do curso. O Lemos rematará a súa aventura polo sur ante o Pontevedra B, filial do equipo da Primeira RFEF que hai dúas tempadas estivo na Terceira RFEF.

O único derbi da Preferente

O malo desta división dos equipos lucenses é que os afeccionados dos equipos da Preferente só poidan vivir dous derbis na vindeira tempada. O Pol medirase por primeira vez na sexta categoría do fútbol nacional ante o Burela na cuarta xornada, a cal se disputará na fin de semana do 28 de setembro, a previa do San Froilán. Na segunda volta, o encontro na Marosa será na xornada 21, que xogará o 8 de febreiro. Unha tempada trepidante na que hai obxectivos ambiciosos postos nos equipos lucenses, o que pode derivar nun ano moi interesante para seguir a Preferente.



A Preferente xa ten calendario

Diario dun Mercado. Episodio 489

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *