#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal

A final da Copa repetirá a final polo ascenso

O Ribadeo foi o campión da Copa Deputación 2023 ao derrotar ao Chantada Atlñetico na final

A Copa vivirá unha final con extra de emoción. Atlético Escairón e SD Chantada mediranse a próxima semana na Medela para decidir cal dos dous conxuntos se erixe co campionato que, ata agora, era propiedade do Ribadeo FC.

Logo da vibrante eliminatoria polo ascenso á Preferente Norte, da que os de Iván González saíron vencedores, o cadro chantadino procurará «vingarse» e levantar o trofeo de campión diante dos do Saviñao.

O Escairón chega á final logo de impoñerse nos penaltis no Martínez Otero (0-0). O Foz chegou ao partido de semifinais moi motivado e coa ilusión de chegar á final da Copa. Froito diso, as primeiras oportunidades foron para os de Gayol, pero non lograron materializalas. Na segunda metade, porén, o bo estado físico dos do Saviñao fíxose notar e os visitantes gozaron das máis claras, tamén sen acerto.

Logo dun final de partido vibrante que foi unha loita moi atractiva para os afeccionados presentes no campo focense, chegou a quenda de penaltis. Nesta lotería que podedes ver íntegra aquí, foi o Escairón quen saiu vencedor, deixando aos mariñáns coa mel nos beizos.



A SD Chantada impúxose no derbi a vila do Asma logo dunha efectiva primeira metade (3-1). Os de Traste xogarán a final da copa tras un partido no que destacaron pola súa efectividade. Nunha primeira parte sen moitas ocasións, na que ambos conxuntos procuraban manter os ataques dos seus rivais, a SD aproveitou tres oportunidades no último cuarto de hora para facer tres goles case consecutivos nun gran exercicio de contragolpes e deixar a eliminatoria decidida no tempo de lecer (3-0).

O ambiente da final polo ascenso pode repetirse na final daMedela.

O Chantada Atlético, porén, reaccionou tras a reanudación e recurtou diferenzas cun bo gol de Obenza no 50′. Porén, os esforzos dos «Atléticos» por lograr a igualado foron contidos pola sobriedade defensiva da SD, que quere dar unha alegría á súa afección co título da Copa.

copa



A final da Copa repetirá a final polo ascenso

Diario dun mercado. Episodio 405

A final da Copa repetirá a final polo ascenso

Os filiais mandan na Copa e na

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *