A competición deixa sorpresas nos Máxicos

Nova semana de competición na Primeira Futgal, na que o Ribadeo foi o único dos tres primeiros que venceu. O Monterroso levouse o derbi ante o Taboada, mentres que a Milagrosa soña cun ano histórico.

O Escairón deixa ao Foz sen opcións (1-0). O gol de Nahuel nada máis comezar nunha vaselina logo dun balón á espalda o encontro condicionou o choque, aínda que o Foz tivo opcións claras para igualar o duelo antes do descanso. Porén, xusto á saída de vestiarios, un novo centro lateral local rematado por Mario supuxo o 2-0 e, minutos máis tarde, de novo Mario perforou a meta mariñá para castigo excesivo dun Foz que non se mostrou nada efectivo.

O Castro gaña con oficio nas Valgas (2-3). Os de Dumi comezaron moi ben, con outro ritmo de competición, e anotaron dous goles nos primeiros dez minutos (Alonso e Iván González). Porén, o Iberia reaccionou rápido e acadou o empate en menos de oito minutos, con goles de Iván e Carlos ao aproveitar unha desconexión total dos visitantes. A reacción chairega chegou no 40′, cando Leas fixo o 2-3 que se tornou definitivo. Na segunda metade, os paróns e o baixo ritmo de xogo favoreceron a un Castro que sacou tres puntos para mirar cara a zona alta da táboa.

O Guntín e a Residencia asinan táboas nun duelo igualado (1-1). Ambos conxuntos saíron ao céspede do Ladairo con moito respecto e procuraron dominar coa posesión do coiro, pero a Resi estivo mellor na primeira media hora e fixo o 0-1 logo de aproveitar un erro na defensa local. Os laranxas, porén, non se viñeron abaixo e anotaron o empate pouco despois da reanudación por medio de Fran Pastor. Desde ese intre, o vistoso fútbol que os dous cadros propuxeron deixou numerosas ocasións no feudo All Star, pero o marcador non se voltou mover e os puntos foron repartidos para manter a igualdade na competición.

A competición deixou grandes sorpresas na Primeira Futgal

O Xove gaña na casa do Chantada Atlético (1-2). Semella que funcionou o cambio de adestrador nun Xove que cedeu o coiro ao cadro local e fixo dano con rápidas transicións. Hugo Pérez fixo o primeiro nun contragolpe aos 15′ de xogo e o empate local non chegou ata o segundo tempo, logo dun disparo de Asier. O guión do choque mantívose ata a recta final, cando unha nova recuperación dos mariñáns tivo idéntico protagonista: Hugo enviou o balón ao fondo das mallas para levar tres puntos de moito mérito cara Xove.

O Brollón cae nos Medos coa Peroxa (1-3). O xogo directo tan propio da competición foi protagonista no feudo lucense e, aínda que o Brollón foi quen de empatar o tanto inicial dos ourensáns, A Peroxa mostrouse máis sólida e vencedora de duelos ao longo dos 90′. A fortaleza física visitante e a pouca claridade con balón dos de Chura traduciuse en dous goles máis en contra do Brollón, que o intentou de moitos xeitos pero non foi quen de sacar nada positivo do duelo e terá que seguir adaptándose á nova competición.

competición
O Racing Villalbés ‘B’ mandou ánimos aos seus compañeiros lesionados de longa duración

O Santaballés engánchase á competición a costa da SD Chantada (2-1). Os de Traste dominaban con balón, mentres que os chairegos agardaban e defendían plegados para evitar sobresaltos defensivos. Pedro e Pablo erraron as máis claras do primeiro tempo e o Santaballés mostrouse moi efectivo na primeira ocasión da que dispuxo (xa na segunda metade e nunha falta lateral), 1-0.

Os chantadinos mantiveron o seu plan, empataron cun disparo de Manu e viron primeiro como Ivo salvou aos seus baixo paus e, despois, como Xoán anotou un golazo case no engadido para facer o 2-1 e deixar os puntos na casa do equipo máis efectivo, que ademais xogou cun home menos os últimos minutos.

O Racing Villalbés ‘B’ e o Outeiro asinan táboa na Magdalena (). Os visitantes querían facer o partido longo e os locais mostrábanse pouco acertados con balón. Xusto antes do descanso, Navia aproveitou unha serie de rexeites logo dun roubo para facer o 0-1. Na segunda metade, o filial chairego xerou numerosas ocasións: Kaká acertou nunha delas para empatar, mentres que Denís atinou para o 2-1. Desde entón, o Outeiro tratou de envorcar o xogo sobre o campo do Racing e, con máis corazón que cabeza, forzou un saque de esquina no engadido que se traduciu no remate co que Veiga puxo o definitivo 2-2.

O Monterroso e gaña o derbi ante o Taboada (2-1). A falta de efectividade no comezo de competición está a pasarlles factura aos dous conxuntos veciños. O Monterroso foi mellor no primeiro tempo e tivo numerosas ocasións, pero tan só Lorenzo conseguiu furar a rede rival, mentres que o Taboada gozou de máis opcións nunha segunda parte na que os vermellos pecharon o choque cun gol de Iago Sobrado. Gabri recurtou diferenzas desde os once metros xa no tempo engadido, pero o marcador mantívose no 2-1 ata o asubío final.

O Ribadeo asalta o Luis Pallín e non da tregua(0-2). Foron dominadores da posesión os mariñáns, mentres que o cadro sarrián procuraba facer dano en contragolpes. O primeiro tanto deu tranquilidade ao Ribadeo, que mantivo o plan de partido ante un Oural que puido empatar nun man a man no que Javi Pita deixou mostras do seu alto nivel. No treito final, Meitín sentenciou o duelo a prol dos celestes co 0-2 definitivo.

A Milagrosa tira do efecto Frigsa ante o Lourenzá (4-2). O guión non foi o habitual no Gorgoso: a Milagrosa propoñía e o Lourenzá buscaba os contragolpes, e froito dun deles chegou o 0-1 de Miguel. Os albivermellos, porén, igualaron antes do descanso e saíron moi ben no segundo tempo para facer o 2-1 e o 3-1. Jose estivo listo na área para recurtar diferenzas na recta final (3-2), pero rapidamente chegou o definitivo 4-2 que deixou tres puntos moi valiosos en Lugo.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *