O Iberia, líder da Segunda Futgal Norte

A batalla final da Segunda Futgal

A Segunda Futgal vivirá nos seus dous grupos auténticas batallas encarnizadas para decidir os seus ascensos. No grupo Norte, o Iberia e o Celta Barreiros terán unha final entre os dous equipos para decidir quen dos dous consigue alcanzar a Primeira Futgal. No grupo Sur, Brollón e San Roque disputarán a súa plaza de ascenso directo coa seguridade de que o que non faga xogará a promoción, algo que no norte non teñen pechado e que o Riotorto e o Folgueiro poden disputar.

Unha final polo ascenso directo

O Iberia e o Celta Barreiros xogan un último partido decisivo nas Valgas este domingo ás 17.00 horas. Aos locales chégalles con empatar o encontro, pero o seu rival necesita gañar por dous tantos, xa que o Iberia gañou o encontro da primeira volta por 0-1. Inda que en caso de perder os primeiros xogarían o play off, o Celta Barreiros non o ten asegurado, xa que o Riotorto ou o Folgueiro poderían superalos con só empatar a puntos.

A xeira de ambos equipos é idéntica, catro victorias e un empate nos últimos cinco partidos. A última derrota do líder da Segunda Futgal grupo Norte data do mes de xaneiro, cando caeron por 3-4 ante o Riotorto. Pola súa parte, o Celta Barreiros leva dende o encontro ante o seu rival da primeira volta, que foi en decembro, sen saber o que é perder un encontro. Dous colosos que se miden para ver que alcanza o seu obxectivo.

Gañar a Segunda Futgal, a un paso

Brollón e San Roque foron os únicos que sobreviviron a unha tempada chea de emocións con cinco equipos que loitaron ata o final. O Brollón chega como líder da Segunda Futgal Sur e co average gañado, polo que con só un punto no seu encontro ante o Quiroga este domingo ás 17.00 horas será campión. Pola súa parte, o San Roque terá que gañar ao Chantada B no Sangoñedo e esperar ao fallo do seu rival polo título.



O Brollón acadou unha gran xeira de resultados que lle ermitiu consolidar o liderato da competición con nove vitorias consecutivas. O San Roque, en cambio, leva catro vitorias e un empate nos últimos cinco encontros, o que tamén salienta o seu rendemento no tramo final de tempada. O curso remata na Segunda Futgal e todos queren ser os campións ou ben aproveitar a ventá que outorga o play off.



A batalla final da Segunda Futgal

A SD Antas certifica con vitoria o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *