#Fútbol afeccionado

A Axenda: A Pinguela acolle un derbi clave pola permanencia

O forte temporal fixo que quedara suspendida a xornada do sábado, pero o domingo teremos interesantes encontros nesta última xornada antes do Nadal.

PREFERENTE NORTE

 – Club Lemos – C.D. Foz (Domingo ás 16 horas na Pinguela): encontro clave na loita pola permanencia. O conxunto local suma catro xornadas sen gañar e precisa do triunfo para escapar da queima. Os mariñáns acumulan seis partidos sen coñecela vitoria e teñen dous puntos menos que os de Edu Rodríguez.



PRIMEIRA AUTONÓMICA

 – Atlético Escairón – E.D. Lourenzá (Domingo ás 16:15 horas no Municipal do Saviñao): o cadro local, líder destacado da categoría, recibe ao pechacancelas. Os de Diego Rego, malia estar nunha situación comprometida están a ser un equipo moi competititvo. Os de Montoto buscarán ampliar diferencias cos seus perseguidores.

 – U.D. Pastoricense – S.D. Pol (Domingo ás 16 horas no Acebreiro): encontro de proximidade, no que os de Fran Veiga buscarán o primeiro triunfo da temporada no seu feudo e así abandonar a zona de descenso. Enfronte un Pol en racha. Logrou 13 dos últimos 15 puntos en xogo e ten os postos de ascenso a tan só tres puntos.



– S.D. Burela – Friol C.F. (Domingo ás 16 horas na Marosa): con tan só unha derrota en toda a temporada, o conxunto mariñán camiña con paso firme cara os postos de ascenso. Buscará un triunfo nunha Marosa ata o de agora infranqueable ante un Friol que ten o descenso directo moi preto.

Copa Deputación Segunda e Terceira Autonómica

 – S.D. Viveiro – C.D. Goiriz (Domingo ás 17:30 horas no Municipal Marcos Gómez): o único supervivinte do grupo norte da Terceira Autonómica tentará seguir o seu camiño na Copa. Recibe a un Goiriz que pelexa por fuxir dos postos de perigo en Segunda.

– C.D. Sober – S.D.C. San Lázaro (Domingo ás 16 horas en Centeás): o conxunto local, que ocupa postos de promoción de ascenso a Segunda, buscará dar a sorpresa ante un San Lázaro intratable na liga.

A Axenda: A Pinguela acolle un derbi clave pola permanencia

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *