Antes de comezar coa miña aportación neste medio recén nacido, quería agradecer a este portal dixital a oportunidade de expresarme, e tamén dar as grazas aos ‘locos’ que iniciaron este gran proxecto pra facilitarnos a información do noso fútbol, o lucense.
Quero falarvos sobre a figura do ‘home de club’, como molan os homes de club!, aqueles que son os primeiros en chegar o campo, os mesmos que abren as instalacións, a cantina, os vestiarios, os balóns, as placas e, se fai falta, prenden os focos. Aqueles dos que non se fala, os que permanecen ausentes, pero sin a súa figura, nada sería posible.
En verdade, en cada equipo, hai este ‘home de club’ e quero lanzar unha cuestión a todos os que me estades a ler: Cantos anos leva este ‘home de club’ no voso equipo?; aposto a que non o sabedes, son eternos!!
Pura bendición contar con esta ilustre personaxe, a cal o deixa todo polo club, todo polo escudo que leva no peito, -por certo, o suéter que normalmente leva é de fai décadas, igual que a viseira, por se ‘peta’ o sol de frente- e todo polos xogadores que van pasando ano a ano. O club permanece, o home tamén.
O primeiro en chegar o campo e o derradeiro en saír, sempre pendente de todo, sempre silencioso, pero facendo un ruído tan grande que fai crecer o club, fai sentirse protexidos os xogadores, corpo técnico e demais empleados.
Seguramente, todos os que me estades a ler, se pertencedes a algún club, teñades a algún home deste tipo. Coidadeo e mimadeo, vale unha millonada.
Pra concluír coa miña aportación, invito a todos a ser ‘homes de club’ por un día, ou polo menos, convivir co seu nunha xornada laboral pra apreciar a sua labor. Unha faena que sen dúbida nótase, percíbese, agradécese… Que fariamos sen un ‘home de club’?
Vivan os homes de club!
Un saúdo.
Fernando Currás, xefe de prensa da SCD Milagrosa e redactor en Galifútbol.