#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Mondoñedo e Rubián, golpe de autoridade no liderado

O Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia da undécima xornada déixanos a dous líderes sólidos. No grupo norte o Mondoñedo impúxose ao Abadín no derbi do Fiouco e achégase paseniño ao obxectivo do ascenso. O Muimenta mantén praza de ascenso directo logo de vencer á Comercial. Chegou a primeira vitoria do curso para o Celeiro, que gañou no campo dun Roupar que queda como único conxunto que non coñece o triunfo.

No grupo sur, o Corgo goleou de forma abultada a un Taboada B chegaba ao choque logo de oito vitorias consecutivas. O Rubián achégase a un punto do filial tras vencer tamén de xeito contundente no campo do Bóveda.

GRUPO NORTE

O Derbi do Fiouco quedou no Viñas da Veiga (3-1). O Mondoñedo deu un paso importante no seu obxectivo de acadar o ascenso directo. O choque comezou moi disputado, sobre todo no primeiro cuarto de hora, pero os locais fixéronse co dominio aínda que sen lograr abrir o marcador. No segundo tempo, xa co campo en peor estado, foron os de Nico os que impuxeron a súa lei. Javi abriu o marcador tras un gran pase de Jacobo e Acebo ampliou diferencias nunha xogada na que rematou lesionado. Óscar fixo o terceiro antes de que Ferre recurtara diferencias. O gardameta Alberto evitou os nervios dos locais ao deter un penalti que apretaría o marcador.

O Muimenta gaña con comodidade no campo da Comercial (0-3). Os locais intentaron incomodar ao Muimenta, pero os de Fran Veiga foron superiores ao longo dos noventa minutos, sobre todo aproveitando as costas da zaga da Comercial. Jesús abriu o marcador na primeira metade tras un centro de Iván. No segundo tempo Seijas e Iago sentenciaron para os chairegos nunha tarde na que o porteiro local non estivo moi afortunado.

O Catro Roldas vence na Canteira ao Cazás nun encontro de poder a poder (2-1). Sen especulacións, así foi un encontro no que ámbolos conxuntos saíron a polos tres puntos. O Catro Roldas comezou mellor, tivo a posesión do balón e xerou perigo diante da portería rival. Os de Coto non foron quen de aproveitar as súas ocasións e no comezo do segundo tempo, Bellas puxo por diante aos visitantes. O Catro Roldas lanzouse a pola remontada e David Orosa acadou o empate á saída dun córner. Preto do final, os locais impuxéronse grazas á profundidade do seu banquiño e Rony, en colaboración cun defensor, deulle a volta ao marcador. Antes do descanso o colexiado interpretou que o delegado do Cazás, Iván Anido, situado á beira do seu banquiño, curtou un ataque do rival e foi expulsado ante a incredulidade xeral. As alegacións do cadro xermadino non xurdiron efecto e Iván Anido terá que cumprir oito encontros de sanción.

Un empate que non deixa contento a Rioaveso e Pol B (2-2). Encontro parello no que o mal estado do terreo de xogo condicionou o fútbol de ámbolos conxuntos. Os locais, que non estiveron cómodos no primeiro tempo, crearon perigo sobre todo a balón parado, mentres que os visitantes en rápidas transicións. O Rioaveso mellorou tras o descanso, pero foi o Pol B o que logrou adiantarse ata en dúas ocasións con goles de Antón que firmou un dobrete. Álex Veiga e Cabarcas evitaron o triunfo dos de Luis Romay.

O Celeiro logra a primeira vitoria da temporada diante dun Roupar que segue sen gañar (1-3). Un Roupar en cadro non logra engancharse á competición nun encontro marcado en vermello para os dous equipos. Logo duns momentos de tanteo foi o Celeiro o que colleu o temón do xogo. Iñigo adiantou aos visitantes nunha acción na que os xermadinos reclamaron fóra de xogo. A reacción do Roupar non foi dabondo para empatar e Nico aproveitou un barullo na área para facer o segundo para o Celeiro. No segundo tempo o cansanzo fixo mella nos de David Lorenzo, que de novo afrontaron o choque sen trocos. Malia todo conseguiron xerar algunha ocasión, sen éxito. Foi o Celeiro o que logrou sentneciar cun gol de Mora. Preto do final, Manu fixo o tanto da honra para o Roupar.

GRUPO SUR

O Corgo impónse con rotundidade ao Taboada B (6-0). Nada facía presaxiar un resultado tan abultado, sobre todo ollando a impresionante xeira do cadro visitante. O cadro local impúxose nun primeiro tempo no que tiveron a posesión do balón. Ethan, cun disparo á escadra, e Raúl cun golazo desde o medio do campo, marcaron antes do descanso para os de Abel Rochela. No segundo tempo o encontro seguiu coa mesma dinámica, e rachouse cando os de Jacobo Vázquez quedaron con dez por expulsión de Nahuel. Xoia, Ethan, Mejuto e Rubi culminaron unha goleada que fai que o Corgo sexa máis líder.

O Rubián achégase á segunda praza tras golear no campo do Bóveda (1-5). O mal comezo dos locais marcou o resultado final. A pouca contundencia dos de Cristian Penas precipitou o triunfo dun Rubián que soubo aproveitar as súas oportunidades. Gandoy foi o autor dos dous primeiro goles. O Bóveda mellorou no segundo tempo e contou con boas ocasións para recurtar diferencias que non foi quen de aproveitar. O Rubián logrou sentenciar nun choque cunha actuación arbitral moi protestada polos locais.

Un Quiroga coas ideas claras vence no campo da Piringalla (1-4). O encontro comezou co conxunto local tentando dominar, e logrou adiantarse aos dous minutos de xogo. Os de Jony Lombardía contaron con máis opcións de gol que non foron quen de convertir. O Quiroga mellorou paulatinamente e logrou o empate cun gol de vaselina de Rubio. O descanso sentoulle ben aos visitantes e Rubio non tardou en culminar a remontada. A Piringalla non lle perdeu a cara ao encontro e encerrou no seu campo a un Quiroga que logrou o terceiro por medio de Erik. O encontro detívose durante un cuarto de hora ao activarse o protocolo antiviolencia logo de que un grupo de afeccionados locais insultaran ao colexiado e aos xogadores rivais. Como consecuencia diso a Piringalla terá que xogar a porta pechada o seu próximo encontro. No tramo final Rubio completou o seu hat-trick.

O Incio consolida praza no play off tras vencer ao Río Sil na Carqueixa (1-2). Encontro bonito e intenso por parte dos dous equipos. A primeira metade rematou sen goles, aínda que tanto locais como visitantes dispuxeron de ocasións. No segundo tempo o Incio logrou adiantarse nada máis comezar por medio de Vila. Os locais non lle perderon a cara ao encontro e acadaron o empate cun gol de Adri. Cando máis apretaba o Río Sil, os de Felipe Varela marcaron o tanto da vitoria ao transformar Edu un lanzamento de penalti.

O Relámpago Taboada suma os tres puntos diante dun Carballedo que segue sen gañar (3-2). Partido trabado na súa primeira metade e sen moitas ocasións. O cadro local foi quen de adiantarse cun gol de Moure tras aproveitar un erro na saída de balón do Carballedo. Tras o paso por vestiaros, os locais fixéronse co dominio do balón, pero foron os de Melendo os que nunha contra fixeron o segundo. O Carballedo non lle perdeu a cara ao partido e recurtou diferencias cun gol de Cristian Cabo. Eran os mellores momentos dos de Davis Guerra, pero noutra contra o Relámpago sentenciou por medio de Fran. Os locais voltaron á carga e Carral recurtou diferencias e tivo nas súas botas o empate nos últimos compases.

Mondoñedo e Rubián, golpe de autoridade no liderado

Dobrete de Hugo para reinar na Ulloa

Mondoñedo e Rubián, golpe de autoridade no liderado

O Xove Lago recibe ao Lourenzá nun