#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Make (Racing Villalbés): «Temos que aproveitar esta boa xeira»

Make conitnuará no Vilalbés este mercado

O Racing Villalbés está sendo esta tempada un dos equipos revelación da campaña. Parece rara a afirmación, pero despois de sufrir baixas sensibles e case non facer reforzos no primeiro equipo, sitúanse na segunda posición da Terceira RFEF. Reafirmaron o posto cunha vitoria pola mínima (1-0) ante o Gran Peña nun encontro que decidiu Make, unha das grandes figuras do equipo chairego e que está, xunto a Cadra, na lista para ir aos adestramentos da selección galega.

O centrocampista é un baluarte da historia recente do conxunto da Magdalena e que cada vez vai a mellor. Make pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do anterior encontro, a situación do equipo e o próximo encontro da selección galega na Malata.

Entrevista a Make do Racing Villalbés

Anterior encontro: «Estamos nunha boa xeira de resultados, aínda que como todos sabemos esto do fútbol vai de dinámicas e estamos nunha moi boa. Están saíndo ben as cousas e temos que aproveitalas, e aínda por riba marquei un gol».

Situación do Racing Villalbés: «A clasificación está moi bonita, pero está todo moi axustado. Encadear moitos encontros sen perder, pero se caes en dous xa vas cara abaixo. O Compostela está imparable e vai ser difícil alcanzalos, pero nós imos con paso firme».

Grupo de veteráns: «Xa son de Villalba eles. Son compañeiro excepcionais que futbolísticamente dan todo».

Convocatoria coa selección: «Aínda quedan unhas semanas, pero a verdad é que xogar na Malata, un estadio profesional, é moi bonito. Asturias vaino poñer moi difícil, temos que ir paso a paso que outras comunidades fortes levaron sustos».

Make (Racing Villalbés): «Temos que aproveitar esta boa xeira»

O CD Lugo B, nun gran momento,