A Sarriana celebra o tanto de Freire nesta xornada

Moita polémica na xornada, pero poucos puntos

Pese a que só houbo catro equipos que xogaron nesta xornada do Trío de Ases O Cantón, os da Segunda RFEF e a Preferente, os seus partidos deron moito que falar. A Sarriana tiña todo para gañar ante o Fabril, pero un inexistente penalti a prol do filial coruñés definiu o encontro. O Pol tamén sumou un punto na súa visita ao Sigüeiro que lle permite aumentar a renta cos postos de descenso. Pola outra banda, o Burela caeu na súa visita ante o Negreira por 3-0 e o Lemos tamén non puido sumar ante o Beluso.

O penalti da discordia

A Sarriana recibía a un Deportivo Fabril considerado como un dos favoritos da categoría. Os de Dani Giménez plantexaron un partido no que, nos primeiros minutos, ambos equipos loitaron por ter o dominio do balón e controlar o xogo. Foron os sarriaos os que conseguiron golpear primeiro cunha gran xogada na que Berardozzi centrou, Edu deixou pasar o balón e Freire definiu ao pau largo para abrir a lata. Fernando evitou cunha estirada de moito mérito antes do descanso a igualada coruñesa.

Na segunda parte, os de Manuel Pablo fixeron que a Sarriana dese un paso cara atrás, pero os locais establecéronse dunha forma moi sólida, con Parga e Maxi liderando na zaga. Pero foi no minuto 70 cando unha xogada cambiou o encontro. Piay e Nájera tiveron un balón dividido no que Piay despexou o balón de forma limpa, pero o árbitro sinalou un inexistente penalti que supuxo a expulsión de Dani Giménez polas protestas. Nsongo puido convertilo e, pese a que ambos equipos o intentaron, non puideron desempatar.

Un punto máis para seguir sumando

O Pol continúa sumando para manterse alonxado do descenso, aínda que nesta ocasión só foi un punto tras igualar sen goles ante o Sigüeiro de Brais Prados. Os chairegos dominaron na primeira parte con Ríos xerando moito perigo, igual que os remates de Cuadrado e David. A máis clara estivo nun disparo desde a frontal de Marco que tivo a resposta de Lois Oliveira en forma dunha gran parada.

A segunda parte mantivo durante os primeiros 20 minutos o mesmo guión de dominio do Pol, incluso cunha gran oportunidade de Buján que marchou desviada por moi pouco. Pero o Sigüeiro, pouco a pouco, foi collendo o dominio do encontro. Os centros laterais foron a súa gran arma, pero o perigo chegaba con disparos desde a frontal nos que actuou Javi Liz. Mentres, o Pol só tivo unha ocasión por parte de Diego Rey, que non puido transformar o seu remate na área pequena.

Xornada sen vitorias

Non houbo vitorias nesta xornada, xa que o Lemos caeu ante o Beluso por 2-1. Os monfortinos iniciaron o seu encontro cunha gran adaptación ao campo e, no minuto 15, Brais Pardo abriu o encontro. O Beluso empatou moi rápido a través dun tanto de Lope e, nada máis comezar a segunda parte, aproveitaron un erro en saída de balón para que marcase Pastoriza. Os de Edu Rodríguez estiveron a piques de empatar con dúas grandes oportunidades de Fito que non tiveron éxito.

Na Preferente Sur, o Burela non foi quen de batir aogran favorito polo ascenso, o Negreira. Os de Oke cederon o dominio na primeira metade ao Negreira, que tivo as mellores ocasións, cun largueiro incluído. No comezo da segunda, Adrián Pereira anotou o primeiro gol no minuto dous da segunda parte. O encontro estirouse e o Burela gozou de moitas oportunidades, pero foron os locais quen por medio de Gonzalo e Hugo sentenciaron o encontro e puxeron o 3-0 final.

Foto de Alba Arias.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *