O Diario de Mercado continúa a dar que falar e esta vez xa comeza a ser case inmediato. O fútbol lucense está dando que falar con todos os movementos que involucran a equipos máis alá da provincia, pero sempre co protagonismo das grandes figuras dos campos da zona. As renovacións son a principal tónica desta edición, pero tamén as despedidas e as fichaxes manteñen un crecemento cada vez maior no seu ritmo.
Movementos de norte a sur
O mercado do fútbol lucense ten grandes movementos tanto no norte coma no sur. O Xove Lago aposta polas renovacións de Xesús, Sergio Cora e Mista. Ademáis fan firmes apostas polo dianteiro procedente do UD Cobres Vilaboa do grupo pontevedrés da Primeira Futgal Óliver Silvar. Xa da provincia, chegan Macly e Jorge Novo do Burela, Suis do Alfoz e o gardameta do Celeiro David Louzao.
O Lemos continúa a ser dos principales dinamizadores do mercado lucense. Os monfortinos fichan para a nova campaña da Preferente ao dianteiro Yann Junior procedente do Escairón. Conta con experiencia na Terceira RFEF e debutou en Segunda RFEF nas filas do Cerdanyola. O cadro da Ribeira Sacra asinou a Iñaki, mediocentro procedente do Pol e con pasado na Sarriana e na canteira do Lugo. Firma tamén cos da Pinguela o central Alejandro Lamus, formado no CD Lugo, Calasancio e Pabellón.
O Mercado móvese fóra da provincia
O mercado lucense é tan grande que ata vai fóra das fronteiras provinciais. O lucense Ramiro Bao conducirá dende o banco ao Volantes de Baño, equipo do concello de Muros (A Coruña), que xoga na Terceira Futgal, na zona da Costa da Morte. Será a primeira experiencia como adestrador dun conxunto sénior para Ramiro, que tamén adestrará ao xuvenil. O ex xogador da canteira do CD Lugo, do Racing Villalbés, Riotorto ou Goiriz, entre outros, leva xa uns anos ligado ao fútbol da Costa da Morte.


Os movementos nos banquiños da provincia lucense tamén teñen novas incorporacións nos seus diferentes clubs. Neste caso, o nome é Saúl Méndez Taladrid, que se convertiu no novo adestrador do Cabreiros. Conta con experiencia en diferentes funcións na estrutura da Milagrosa. Ademais, o curso anterior foi segundo técnico do Muimenta, da man de Héctor Expósito, ata mediados de octubro.
Continuidade coma tónica
A continuidade está a ser a tónica habitual da maior parte dos clubs neste mercado. Na Primeira Futgal, o Ribadeo confirmou que Kevin Pierre vivirá no próximo ano a súa segunda campaña recorrendo a banda do Pepe Barrera. No caso do Foz, o seu capitán, Cristian, tamén seguirá liderando o vestiario mariñán. O Iberia tivo novas boas e malas. O gardameta Alonso causa baixa no Iberia por motivos académicos e laborais. O seu posto estará cuberto por Javi Prieto, un vello coñecido nas Valgas que volve aos campos tras un parón. Compartirá vestiario co seu irmán Dani.
Outro equipo que quere manter boa parte do bloque co que contou ao longo deste ano é o Meira ao oficializar a continuidade de Marquitos, Farra, Triunfante, Seixosmil e Pirata. O caso contrario vívese no Celta Barreiros, onde René, Toni, Edi, Cayón e Miguel Casanova non continuarán no equipo.
