En directo: última xornada na Segunda Futgal
-
- 0
- 2min de lectura
A Segunda Futgal remata a fase regular cos ascensos directos de cada grupo en xogo. No norte, o Iberia e o Celta Barreiros viven un derbi histórico. Ambos teñen opcións de ascenso. Iso si, máis posibilidades para os de San Miguel de Reinante. Ao Iberia sérvelle calquera resultado que non sexa perder por máis dun gol. O Celta Barreiros ten que gañar para ser 2º e vencer por máis dun gol para ascender directo.
O Riotorto, primeiro, e o Folgueiro, despois, agardan o erro do Celta Barreiros para entrar no posto de promoción de ascenso.
No sur, o Brollón ten na súa man volver catorce anos despois á Primeira. Se puntúa nos Medos ascende. A espera do seu fallo está o San Roque, que ten asegurada a praza de promoción de ascenso.
Ademais, tamén están en xogo os descensos por arrastre. Logo dos resultados desta mañá, en principio hai dous descensos na zona norte. Un podería evitarse no caso de que o equipo que xogue play off, ascenda. Polo tanto é clave a 13ª posición, que agora lle corresponde a Piringalla con dous de marxe sobre o Mondoñedo. O empate chégalle aos capitalinos para ser 13º.
O descenso condicionado por arrastre do Oural, tamén lle complica a situación ao 13º do grupo sur. O Lemos B (12º con 28 puntos) e o Chantada B (13º con 27 puntos) tratan de evitar esa posición. O Incio xa vai ser seguro antepenúltimo, pero aínda ten opción de non ser arrastrado. Primeiro, tería que salvarse o Oural, para liberar a 13ª posición. Despois, ascender o equipo que xogue play off para liberar a 14ª posición.