O Viveiro conseguiu certificar a súa permanencia na Terceira RFEF tras gañar na penúltima xornada da competición ante Betanzos por goleada, 3-0. O conxunto mariñán conseguiu revertir a súa mala situación para chegar á derradeira data con todos os deberes feitos. Agora só lles queda un último encontro ante a UD Ourense este domingo ás 12.00 horas onde terán a liberación que produce ter todo o traballo rematado, ao igual que o seu rival, campión de liga.
Se hai un artífice desta permanencia sería Adrián Benavides. O leonés conseguiu dende a súa chegada cambiar a cara do Viveiro ata manter ao equipo na Terceira RFEF. O adestrador pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do obxectivo cumprido, a chave da permanencia e unha posible renovación.
Obxectivo cumprido: «Cando rematou o encontro sentín alivio. Había moitas situacións emocionais en xogo por toda a xente implicada no clube e para mín esa relaxación de conseguir acadar o que nos propuxemos cando chegamos».
«A unión do Viveiro foi vital para salvarnos»
A chave da permanencia: «A unión do grupo foi vital, sobre todo nos momentos difíciles porque este ano pasaron por tres adestradores diferentes. A capacidade de resiliencia é moi importante neste tipo de situacións e demostrárono en todo momento»


Renovación: «Non o sei. Foi un período moi intenso emocionalmente. Decidirei despois duns días de descanso».