#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Matela e Sarriana B collen vantaxe nas finais polo ascenso

Comezaron as dúas finais na procura do ascenso a Segunda Futgal e fixérono con resultados que podemos calificar de sorpresa relativa. O Matela asaltou o Municipal de Abadín e afronta o encontro de volta en San Lourenzo de Aguiar cun tanto de vantaxe, mentres que a Sarriana B gañou 3-1 ao Corgo na Ribela. O domingo 27 de abril ás 17 horas terán lugar os encontros de volta.

Analizamos tamén a terceira xornada do Torneo Delegación neste novo Tres en Raia En Boas Mans Fisioterapia.

PLAY OFF ASCENSO. FINAL GRUPO NORTE

Un solitario tanto de Pablo dalle ao Matela vantaxe fronte ao Abadín (0-1)

Encontro moi disputado no que ámbolos conxuntos evitaron correr riscos innecesarios. O fútbol directo predominou e as ocasións foron escasas, sobre todo no primeiro tempo. O Matela contou cun man a man diante do gardameta antes de que Pablo marcara o único tanto do partido tras aproveitar unha indecisión da zaga. O Abadín non se atopouu cómodo e apenas inquedou a portería rival.



No segundo tempo os de David Lorenzo estiveron mellor e fixéronse co control do partido. Ferre contou con boas ocasións de gol e mesmo estrelou un balón no longueiro. O Matela tamén tivo dúas boas opcións para sentenciar que non aproveitou. O Abadín nos últimos compases chegou con perigo con Vicente e Ángel como protagonistas das ocasións máis claras, pero o marcador non se moveu.

PLAY OFF ASCENSO. GRUPO SUR

A Sarriana B vence ao Corgo e afronta a volta con dous goles de renda (3-1)

O filial sarriao amosouse superior ao Corgo na ida da final polo ascenso. Os locais dominaron a maior parte do encontro fronte a un rival que só foi quen de inquetar en accións a balón parado. A falta de acerto na finalización privoulle á Sarriana B de deixar a eliminatoria vista para sentencia.



O primeiro gol do encontro chegou aos dous minutos. Saúl puxo por diante aos de Raúl Fernández ao rematar un bo centro de Adri. O Corgo acadou o empate por medio de Fer, tras aproveitar dous erros en cadea da defensa e porteiro sarriaos. Antes do descanso, a Sarriana B volveu a coller vantaxe. Saúl desta volta asistiu e Johan marcou para culminar unha rápida contra. No tramo final do encontro, unha xogada persoal de Adri resolveuse co terceiro tanto para os locais.

TORNEO DELEGACIÓN

GRUPO 1. Catro Roldas 3 – Friol B 0. Encontro entretido o disputado na Canteira. Os primeiro minutos foron parellos nos que os visitantes contaron con varios achegamentos á área rival. Pouco a pouco o Catro Roldas fíxose co control do partido e Samu contou cunha boa ocasión para marcar. Yáñez abriu o marcador á media hora tras aproveitar un bo servizo de Omar. Xusto antes do descanso Dopico fixo o segundo tanto cunha boa vaselina. Os de Coto atopáronse cómodos sobre o terreo de xogo e apenas sufriron polo marcador. No segundo tempo o ritmo baixou. O Friol B tentou dominar con balóns en longo, pero non foi quen de inquedar a portería rival. A falta de vinte minutos para o final, Samu sentenciou co terciro tanto.

GRUPO 2. Roupar 2 – Castroverde 1. Primeira metade moi vistosa para o espectador e con moitas ocasións, pero que rematou sen goles. O gardameta local Anxo salvou co pé un bo achegamento do Castroverde. Os de Iago Núñez buscaron o gol tamén nun saque desde o curruncho no que o remate saiu por riba do longueiro. O Roupar contou con varias ocasións que non logrou aproveitar en erros na saída de balón do rival. O Castroverde adiantouse no marcador no segundo tempo ao culminar David unha xogada combinativa. Os de Ángel Pena non se viñeron abaixo e remontaron en menos de cinco minutos. Tupac, tras unha asistencia de Yosi, igualou o choque. Cos mesmos protagonistas, pero cos papeis trocados chegou o segundo tanto. Tupac asistiu e Yosi desfíxose en velocidade da defensa e culminou a remontada. O Castroverde, que chegaba en cadro ao encontro, quedou con dez pola lesión de Noel nos últimos compases.

GRUPO 3. Relámpago Taboada 3 – Carballedo 6. Moitos goles nunha primeira metade que resultou parella. Tras o paso por vestiarios, o Carballedo aproveitou o baixón físico do conxunto local para acadar un triunfo cómodo.

O Relámpago Taboada presentou reclamación por presunta alineación indebida do xogador do Carballedo Elías, polo que, no caso de prosperar o recurso os tres puntos acabarían do lado do conxunto local.

GRUPO 3. Sober 7 – Bóveda 1. Encontro parello ata que o Sober logrou adiantarse no marcador por medio de Piñeiro, que acabaría completando un hat-trick. A partir de aí os de Iban Lagoa dominaron o choque. Ángel, desde o punto de penalti, meteu no encontro a un Bóveda que notou o baixón físico nos últimos vinte minutos nos que o Sober completou a goleada.

Matela e Sarriana B collen vantaxe nas finais polo ascenso

Un Xoves Santo de procesións e fútbol

Matela e Sarriana B collen vantaxe nas finais polo ascenso

Só o Escairón acada a vitoria para

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *