#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 456

Xa entrado o mes de setembro, o mercado segue activo na nosa provincia. Comezamos coa nova fichaxe dunha Sarriana que se está a reforzar moito de cara a nova temporada. O defensor ribadense Vilela chega cedido á Ribela procedente do Fabril, logo de ser unha peza importante no xuvenil deportivista. Tamén chega ao conxunto adestrado por Jaime Paz o defensor Yanike Tenkou, procedente do Trival Valderas, do grupo madrileño de Terceira RFEF. Anteriormente militou no CDE Madrid 2021 e no Fuenlabrada, co que chegou a ser convocado nun encontro fronte ao Girona.

O Foz non contará nesta temporada que está a piques de comezar con Dani Chao. O mediocentro focense fai un parón na súa carreira futbolística e será unha baixa sensible para o cadro dirixido por Pelayo.

O Cazás suma ao seu proxecto a Víctor Martínez ‘Bachata‘ que chega procedente do Casás. Tamén chega ao Catro Ventos os irmáns David Sanmiguel ‘Vizo‘, procedente do Guitiriz e Diego Sanmiguel ‘Penedo‘, que estaba sen equipo.

Moitas novidades no Celeiro. O conxunto que este ano dirixirá Jesús Rial renovou a David Louzao, Brunito, Diego, Pelo, Iker Lamelas, Abraham, Dani Liz, Javi Rivera, Silva, Iñigo e Aarón. Retorna ao equipo o goleador Mora, que exerceu de adestrador o último tramo de liga e Santi, que volve aos campos tras uns anos de parón. As novas caras para a temporada 2024/2025 son Bruno, Jorge, Chatu, Nico, Martín, Jorge Louzao e Giussepe. Causan baixa varios históricos do club como Ceas ou Brais Maseda, este úlitmo de forma temporal por mor dunha lesión de espalda. Tampouco seguen Tátiko, Xavi Goás, Xavi Mateo, Karchi, Joni, Balsa, Moro e Álex Mateo.



A dianteira Ana Lamas regresa ao Carballedo un ano despois da súa marcha e estará ás ordes de Sementa nesta nova campaña.



Diario dun mercado. Episodio 456

Diario dun mercado. Episodio 455

1 comentario

  1. Maxo
    02nd Sep 2024 Reply

    o galego ross que militou no manchego en segunda federación ficha polo fc santa coloma da primera división de andorra

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *