#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 455

Coas ligas a piques de arrincar, o mercado ultima os seus movementos para garantir que todos os equipos persigan os seus obxectivos cunha base sólida. En primeiro lugar, o gardamallas Fernando Embadje deixa o CD Lugo ‘B’ para enrolarse no Collado Villalba, club filial do Atlético de Madrid.

o mercado da primeira, o máis activo

Na Primeira Futgal, o Outeiro de Rei incorpora a Javi Saavedra, que chega desde a Comercial despois de superar unha grave lesión. Os seus veciños do San Lázaro reforzan o cadro para competir na categoría: chegan Diegui e David desde o Portomarín, mentres que Alejandro fai o propio desde a Milagrosa e Fabián desde o Riotorto. Tamén na capital, Pedrito volta á Residencia desde o Sporting Meicende, mentres que á Mariña chega sangue novo, pois o Xove Lago ficha aos porteiros Nassr e Iker Peña.

pedro en el mercado

O dianteiro Igor, cuxo último club foi o Fonsagrada, chega ao Meira. Máis ao sur, os atacantes Lucas e Luisito ainan polo Guntín desde o San Roque e o Castroverde, respectivamente. Por último, un renovado Chantada Atlético faise cos servizos do defensor Anthony (Lemos ‘B’) e o mediocentro Marzán (Ferreira).

Diario dun mercado. Episodio 455

Diario dun mercado. Episodio 456

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *