O Chantada B e o Ferreira disputaron un amigable que serviu para celebrar o Trofeo das Festas. Os de Pantón voltarán a competir na recén denominada Segunda Futgal e o filial chantadino tamén o fará, pero agarda a confirmación oficial da Federación Galega, tras a aceptación da Milagrosa de competir no grupo 6 de Primeira Galicia. O Chantada B ocupará a súa praza.
A cámara de Mariluz Fagín captou as mellores imaxes do encontro:





















