A fin de semana do 7 e do 8 comeza a competición na Terceira RFEF Fem. O CD Lugo e o PM Friol, representantes da provincia, apuran a conformación dos seus cadros de xogadoras.
O cadro albivermello ficha por partida dobre a dúas irmás barcelonesas que se volverán xuntar no equipo lucense. Trátase da porteira Erica Ruiz que procede do Extemadura CF tamén da 3ª RFEF. Ademais de Ester Ruiz que chega dende o FC Martinenc da 1ª división catalá.
Pola súa parte, o PM Friol suma ao seu proxecto a catro novas futbolistas. Son as centrocampistas Patricia (do Estoril), Leticia (do CFF Albacete), Batista (ex do CD Lugo) e Caniço (da UD Ourense).
Tamén a primeira finde de setembro empeza a liga na Terceira RFEF. O Polvorín non dá o seu cadro de xogadores por pechado, á espera de que se cerre tamén o mercado no primeiro equipo.


En función diso, algún xogador do filial podería permanecer no grupo de 1ª RFEF. Na primeira convocatoria da temporada entraron tres do segundo equipo: Jorge González (que xa tivo gran participación o curso anterior), Damián Noya e Pablo Fdz. Rubal.
Ademais das once fichaxes, deses tres xogadores mencionados, das catro renovacións anunciadas; xunto as dos xuvenís Jorge Candal e Mateo Muñoz, tamén continúan Fernando Embadje, Alejandro Arranz ‘Alesito’, Hugo Díaz, Alberto Freire, Antón Núñez e Noah Rodríguez.
No 453, Jairo seguirá competindo no Burela
Na Primeira Futgal, salientamos o regreso de Jairo López ao Burela. O centrocampista viveirense de 24 anos realizou boa parte da pretemporada co Viveiro de 3ª RFEF. Finalmente non vai quedar no cadro de Cantarrana e irá a pola súa quinta temporada seguida na Marosa.

No conxunto verde tamén comunicaron a continuidade de Kiko Mariño. O meta viveirense seguiulle collendo gusto a isto de xogar, tras recibir en 2019 a homenaxe de Futbolinlugo pola súa retirada. O gardamallas vén de facer 39 anos e cumprirá a cuarta tempada no Burela.
Tamén queren facer carreira no club mariñán, Álex Esquerdeiro e Pablo Vila. Ambos xogadores do 2000 seguen e vivirán a súa sexta tempada.
Facemos parada en Outeiro. Os pupilos preparados por Adrián Vázquez teñen un novo compañeiro. Chega o central andaluz Jesús Vázquez.
En Lugo capital, o San Lázaro fixo pública a continuidade de doce dos futbolistas que lograron o ascenso. Seguen Borja ‘Pipa’, Álex, o All Star Futbolinlugo Guntín 2024 Vigo, Picatto, Diego, Luis Martín, Borja Candal, Rubén Candal, Jose, Maci, Yelko e Jul.

No 453, o Friol perde a Santi e a ALBERTO Buján
Na Segunda Futgal, o Friol contará con outras dúas baixas importantes. Logo da xa coñecida saída de Lucky, Santi e Alberto Buján tampouco continuarán. En principio tomaranse un respiro do balompé. Os pupilos preparados por Martín Rodríguez perden poder en ataque coa baixa destes compañeiros.
O Antas seguirá contando con Basi e Besteiro para o novo proxecto na categoría. O club do Castro Seoane comunicou polo momento que conta con dezasete xogadores para afrontar a segunda tempada consecutiva na Segunda Futgal.
Na Terceira Futgal zona norte, o Rioaveso reforza a súa portería con Losada. O xoven meta de Noche levaba levaba uns anos sen xogar. En principio compartirá posición no equipo con Portu e Guille. Trátase da terceira fichaxe do club de Paraños logo das dos dianteiros Toni Méndez e Noé González, ademais do regreso de Pedro.
Na zona sur, o filial da Sarriana promociona a varios xogadores do seu equipo xuvenil: os dianteiros Xoel e Rubén Mourelo, o medio Saúl Fernández (non confundir co defensa Saúl Fernández Gato) e os defensas Nacho e Brais. O conxunto B militará por segunda tempada na categoría. O adestrador este curso será un home da casa, Raúl Fernández.