#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 362

Comezamos o Diario dun mercado de hoxe pola Segunda RFEF, na Chaira. O Racing Villalbés segue a moverse arreo e ben. Os de Simón Lamas anunciaron a contratación do lateral esquerdo Luis Castro, prometedor xogador do Polvorín e que chegou a xogar co primeiro equipo do CD Lugo.

É o turno da Preferente. Os xemelgos máis coñecidos da provincia non seguirán en Castro. O dianteiro Óscar recalará no Meira de Labrada mentres que o central Iván podería acabar a poucos quilómetros do seu irmán. Precisamente en Meira, renova o porteiro Xabi Rielo. O mesmo que fai o central Davor en Monterroso.

Tourón, novo xogador do Lemos B

O Guntín contará cunha baixa no seu corpo técnico. O asturiano Mario Herrera non acompañará a Hugo na nova aventura dos do Ladairo na Primeira. O que volve á categoría é Cachón. Despois dun ano no San Roque, o mediocentro miñoto regresa a casa. Alí compartirá a medular do Portomarín con Fabián Tourón, que continúa outra campaña no Chao da Poza.

A que non para é a nosa Segunda Galicia. O Xermade anunciou a renovación de Pedro Coria mentres que Marco Durán mantense no Cabreiros. Miguel segue no Brollón ao igual que Gachan á fronte do Quiroga despois do ascenso dos do San Martiño.



Jorge marcará goles para o Sporting Lucense

Molina sóbe do xuvenil do Racing Villalbés ao seu filial. E Jorge, un dos artilleiros do Santa Comba, será unha das referencias ofensivas do Sporting Lucense. Tamén hai novas no Lemos B. Chegan o ourensán Carlos (CD Moreiras) e Tourón, desde Brollón.

Na Terceira, Pedride e Bruno renovan na Comercial B. Pola súa parte, Naya será baixa no Celeiro. Ademais, o Río Sil confirmou unha nova fichaxe procedente do CF Monforte xuvenil: o lateral Anxo.



Diario dun mercado. Episodio 362

Diario dun mercado. Episodio 361

Diario dun mercado. Episodio 362

Diario dun mercado. Episodio 363

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *