A 30ª Sesión Plenario deixounos o segundo e último cruce de semifinais. Xogaron o carismático xogador do Meira Xosé Lourido e o futbolista do Catro Roldas Esteban Carracedo.
Nesta última entrega falamos de actualidade, de adestradores e xogadores. Dos bancos da provincia así como da nosa historia na clásica rolda de ‘Verdadeiro ou Falso’. Tamén analizamos o fenómeno do All Star Futbolinlugo! e os ascensos de diversos equipos.
o sábado, a gran final en directo
Á espera de que vexades o resultado entre Lourido e Esteban Carracedo, recordámosvos que a gran final se celebrará en directo este próximo sábado. Será ás 18.00 horas no campo Viñas da Veiga de Mondoñedo, nunha das últimas actividades do III All Star Futbolinlugo. O rival de Lourido ou Esteban será o gañador da outra semifinal David Rodríguez.
Chegados a este punto, queremos recordar que os emparellamentos das semifinais tamén foron formados por sorteo. A diferenza da primeira rolda, pero ao igual ca nos oitavos e cuartos de final, a quenda de xogo vén dada polo propio sorteo. Comezan a responder de primeiros os concursantes cuxa papeleta saíu de primeira.
Esta sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.
O redactor Diego Díaz foi o encargado de presentar esta vixésimo oitava Sesión Plenario que contou coa presenza do colaborador Plenario Veiga.