#Fútbol afeccionado

Os nosos colexiados ante o confinamento. Episodio 2.

Seguimos coa opinión dos nosos árbitros nesta época de confinamento. Hoxe traemos as interesantes reflexións da colexiada de Primeira División Feminina e asistente de Segunda División B, Tania Fente e de Jesús López Fernández, que arbitra na Terceira División.

Toca ser pacientes e axiña voltarán os bos momentos. Tania Fente.

«Son momentos verdadeiramente complexos para todas. Eu lévoo con moito ánimo e paciencia, pero resúltame duro. Son unha persoa independente e dun día para outro veste moi limitada e boto moito en falta  as viaxes cos compañeiros, os partidos, os adestramentos con Adolfo, o meu preparador e os amigos e amigas. Eses grandes momentos e instantes compartidos nos que antes non me paraba a pensar ou non lles daba a importancia que merecían e agora que me faltan doume conta que son moi valiosos e me facían tan feliz. Pero agora toca ser pacientes e sei que axiña voltarán».



«Levo traballando desde o día 1 de confinamento tanto na miña preparación teórica como física, pero tamén psicolóxicamente para estar preparada para cando se retornen as competicións. A teoría é máis fácil xa que contamos coa Plataforma CloudLab, na cal desde o Comité Nacional, comité galego e delegación de Lugo nos suben os exercicios que debemos realizar. Entre iso, exames de regras de xogo, exames de videotest, feedbacks donde analizamos xogadas propias, etc. Por outro lado temos unha plataforma de Uefa onde a través do CTA practicamos situacións de fóra de xogo que nos axudan a estar moi activas e ademáis temos reunións telemáticas continuamente. En canto a preparación física  é un chisco máis complexa, pero non por iso é menos factible. Teño a sorte de pasar o confinamento nunha casa con xardín  e finca, na cal podo realizar os entrenos que semanalmente me envía Adolfo. E por último tento coidar tamén a preparación psicolóxica para que estes momentos  de dificultade non afecten ao desenrolo da miña preparación».

«Tal e como están as cousas a día de hoxe é moi difícil predecir  ou saber o que pasará coa competición, máis ben imposible. Pero sei que desde as institucións pertinentes hai vontade de facelo e a intención é que se rematen aínda ben avanzado o verán. Na miña humilde opinión penso que é probable que se rematen, pero sin aglomeracións de xente ou incluso a porta pechada, pero reitero que isto é unha opinión persoal, non unha realidade»

«Animo a todos a quedar na casa e a que sigan adestrando e preparándose para que cando isto remate podamos retomar a competición o máis fortes posibles. Son momentos complexos pero somos moi fortes e xuntos venceremos!».



Para sáir desta fai falta ciencia, pero tamén conciencia. Jesús López Fernández.

«A situación é complexa emocionalmente, e cada semana ou cada día é diferente. Entendo que non existen recetas, cada personalidade enfróntase a esta experiencia atípica coas súas ferramentas e recursos. Non é doado saír sempre vitorioso. Boto de menos a actividade normal e a deportiva. Estou acostumado a traballar en equipo, tanto no traballo como na arbitraxe. Disfruto moito dos procesos  e das persoas que os conforman. Os primeiros pausáronse e as persoas están encerradas detrás das pantallas».

«Trato de perder a mínima forma física posible. Non só polo fútbol senón por benestar persoal. De tódolos xeitos a mensaxe de «querer é poder» paréceme inxusta e contraproducente. O contexto non é o óptimo para o rendimento nin a produtividade. Tampouco os recursos son iguais para tódalas persoas. Perpetuar esa mensaxe só xera  frustración e produce inestabilidade. Estou adaptando os adestramentos á realidade actual, e sobre todo, fortalecendo para evitar lesións cando retorne a competición. O obxectivo é estar preparado para a volta aos campos».

«Creo que é necesario diferencias entre o importante e o urxente. Son deportista e persigo uns obxectivos polos que levo traballando moito tempo, sen embargo antes diso son persoa. Paréceme egocéntrico poñer por diante das persoas os meus obxectivos. Neste momento, que falezan 400 persoas diarias é «unha boa nova». Acostumamos facilmente o ollo ás cifras e debemos ter presente que agochan vidas, como a túa ou a miña. Para sair desta fai falta ciencia, pero tamén conciencia».



«Dou as grazas a tódalas persoas que están expoñendo a súa saúde polos demáis. Volverá a rodar o coiro e volveremos a ser felices. Mentras tanto coidemos con responsabilidade a quen fai que a vida rode».

Os nosos colexiados ante o confinamento. Episodio 2.

Palabra de… David Rodríguez: «O erro dos

Os nosos colexiados ante o confinamento. Episodio 2.

Amor a dous toques: Félix Cao e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *