#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Once da Xornada 32 na Primeira Galicia

Os dous aspirantes non fallaron e o ascenso decidirase en Cerdeiriños. Nunha auténtica final entre os dous conxuntos que quedan vivos na loita por subir de categoría. O Monterroso mantivo vivas as súas esperanzas grazas ao seu cómodo triunfo frente a un Taboada que non baixou os brazos ata o pitido final. Da gusto ver equipos así, que compiten en todo momento. O partido tivo un claro protagonista: Crespo. O atacante do cadro de Adrián Vázquez non marcou. Fixo moito máis. Liderou o ataque monterrosino en todo momento e regalou as asistencias dos dous últimos goles.

Na Medela había un ollo posto no Municipal de Outeiro. Agardando un pinchazo dos de Juan Peón. Pinchazo que non chegou. Ao contrario. Dous goles de Jesu tumbaron ao colista Chantada B, que non foi quen de batir ao Mago Carlos. Deste xeito, unha victoria a próxima semana en Cerdeiriños; daríalle o ascenso matemático ao Outeiro de Rei.

Falabamos de que o Chantada B xa era colista en solitario. E isto é así grazas ao empate que se levou o Antas no seu choque ante o Bóveda. Marcos firmou o único tanto dos de Manuel Mourelos. Polos visitantes destacou Julito no centro do campo. Ademais, outro Marcos foi protagonista esta xornada. O eterno xogador do Burela comandou o triunfo do seu equipo ante unha Milagrosa que deixou escapar os puntos unha vez máis de Frigsa. E de Lugo viaxamos á Chaira, onde había un encontro entre dúas escadras repletas de xogadores de calidade. Ao final, o Santaballés levouse o gato a auga diante do Valadouro. E o sobranceiro do partido foi o local Iago.

O Pastoricense e o Riotorto remataron en táboas. Boa parte de culpa tívoa o juvenil Javi. Saiu na segunda metade para deixar un auténtico un golazo e un puntiño no Acebreiro. Por outra banda, o Xove Lago venceu pola mínima ao Páramo cun tanto de Juanjo Coello no minuto 89. Así, ambos conxuntos teñen a permanencia prácticamente feita porén non de forma matemática. Os de Kiko Rey poderían pechala a próxima semana nun interesante derbi ante o Burela na Marosa. 



Seguimos na Mariña para destacar os dobletes de Iban Gayol e do defensa Cayón para o Foz. Unha goleada no Martínez Otero, que deixa ao Chantada Atlético con máis que un ollo pendente dos arrastres da Preferente Galicia. Por último, a Residencia impúxose a un dos mellores conxuntos da segunda volta, o San Ciprián. Pola mínima e con actuación destacada do central Adrián e de Mauro, que fixo o gol do encontro.

Once da xornada 34 na Preferente Galicia

Once da Xornada 32 na Primeira Galicia

As nosas redes falan!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *