#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

O Racing Vilalbés asalta Abegondo e o Polvorín acostúmase ás goleadas

O Trío de Ases da decimoquinta xornada déixanos un doble triunfo dos equipos lucenses de Terceira. O Polvorín goleou ao As Pontes e o Racing Vilalbés gañou en Abegondo ao Fabril. Na Preferente o derbi provincial entre Lemos e Sarriana rematou en tablas. O Viveiro gañou en Mugardos e amplia diferencias no liderato. Foz e Residencia empataron no campo do Boimorto e Laracha, respectivamente, mentres que o Ribadeo caeu en Malates ante o Dubra.

O Polvorín fíxolle un set en branco ao As Pontes (6-0). Cuarto triunfo en cinco encontros para o filial lucense, que se está acostumando a gañar de goleada. Dous hat-tricks de Rayco e Morais sentenciaron un encontro moi cómodo para os de José Durán. Logo do primeiro tanto de Rayco, que aproveitou un regalo da zaga visitante, chegou a expulsión do gardameta do As Pontes Paco, que derrubou a Antón Escobar fóra da área. O atacante o Polvorín sufriu unha rotura de clavícula que o terá afastado dos campos preto de tres meses. Sentiuse cómodo no campo o filial do C.D. Lugo e chegaron os goles.

Vitoria importante e de prestixio do Racing Vilalbés ante o Fabril (0-1). Un tanto de Jose Varela á saída cun córner, pasado o primeiro cuarto de hora de partido, foi suficiente para que os chairegos voltaran á senda da vitoria catro xornadas despois. Os chairegos non condederon ocasións ao cadro deportivista na primeira metade, salvo un disparo do ex racinguista Villares, pero Javi Pita interviú con éxito. Logo do descanso, máis do mesmo. O Fabril levou a iniciativa pero sen crearlle excesivo perigo aos de Simón Lamas. Incluso Cuadrado puido sentenciar preto do final, pero lanzou alto.



O Viveiro remontou en Mugardos e amplía diferencias no liderato (2-3). Novo triunfo do conxunto de Chusky, desta volta con remontada incluída e aumenta a oito puntos a diferencia co segundo e terceiro clasificado. Comezou mandando o cadro local cun gol de Moi antes dos dez minutos de partido. Igualou Gerardo, que aproveitou unha indecisión da defensa mugardesa. O paso por vestiarios sentoulle ben ao Viveiro e en tres minutos marcou dous tantos. Primeiro foi Arturo cun lanzamento axustado ao pao e despois Tichu logo dunha xenialidade de Gerardo, que cunha rabona deixoulle o balón franco ao xogador de Outeiro. Álex Permuy recurtou diferencias desde o punto de penalti, pero os tres puntos non perigaron para os mariñáns.

O Ribadeo caeu dous meses despois e revive ao Dubra (0-3). Posiblemente o peor encontro da temporada dos de Rafa Casanova, que acusaron as baixas de xogadores importantes. Saiu mellor o cadro visitante e gozou de varias ocasións claras de gol, unha delas ao pao, sen embargo ao descanso chegouse co marcador inicial. Pero o Dubra marcou na primeira xogada do segundo tempo, logo de que un rexeite fixese que Roi introducirá o balón na súa propia portería. Poucos minutos despois, Miguel aproveitou un bo pase de Ferreiro e puxo terra de por medio. O Ribadeo tentouno sobre todo a balón parado, pero sen xerar ocasións claras de gol. Xa preto do final, Martín anotou o terceiro. Os mariñáns son quintos, a cinco puntos do ascenso directo.

O derbi entre Lemos e Sarriana rematou con reparto de puntos (2-2). Primeira metade con pouco fútbol na Pinguela. Tan só Adrián Díaz, para o cadro local, e Mauro os visitantes, gozaron de ocasións de gol. Na segunda metade, máis intensidade, máis fútbol e tamén máis goles. Adiantouse a Sarriana cun tanto de Álvaro e Armesto puido empatar pero enviou o balón ao pao. A falta dun cuarto de hora para o final, o propio Armesto foi derribdo na área e Adri Díaz superou a Lisboa desde os once metros. Xa preto do final, un saque desde o curruncho foi rematado por Borja Castro poñendo o marcador favorable para o Lemos. Pero no desconto, un golazo de Álvaro de lanzamento de falta desde a frontal igualou definitivamente o encontro.



Remontada do Foz en Boimorto pero cedeu o empate no último suspiro (3-3). Final de infarto no Carballal. Nun encontro marcado polo mal estado do céspede, ámbolos conxuntos optaron polo fútbol directo. Saiu beneficiado o cadro local e Neto adiantou aos de Susú Cores antes do primeiro cuarto de hora. Non xeraba perigo o Foz, e o marcador non se moveu ata mediada a segunda metade. O cadro local anotou o segundo por medio de Lucas. Os mariñáns reaccionaron e o Boimorto confiouse. Unha man na área foi sancionado como penalti e Asier non errou. Andrés Bustelo cun tiro cruzado conseguiu empatar e outra pena máxima, desta volta por un derribo certificou a remontada. Asier fixo o seu segundo tanto do encontro. Pero o conxunto local, ferido no seu orgullo logrou empatar cun testarazo de Gonzalo.

Empate da Residencia no campo do Laracha, rival directo (0-0). Punto positivo para o conxunto lucense, que ve como non lle recurta diferencias un equipo que ocupa praza de descenso. Poucas ocasións de gol, nun partido no que os de Álvaro Meilán mantiveron unha gran firmeza defensiva ante un Laracha con poucas ideas en ataque. A ocasión máis clara tívoa o ex ribadense Dapo, que estrelou un testarazo no longueiro. Na segunda metade, o cadro local abusou dos balóns colgados e a Resi non pasou excesivos apuros. Incluso Lucas tivo, á contra, unha boa ocasión de gol.

O Racing Vilalbés asalta Abegondo e o Polvorín acostúmase ás goleadas

Camisolas de concerto, de sorteo e dun

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *