Cando Futbolinlugo contactou comigo para este artigo, a verdade non sabía que escribir nin por onde empezar. Pero pensei: «E… de que vou falar se non? De fútbol, fútbol e fútbol. É o que levo facendo dende hai 30 anos«.

Grazas a este deporte marabilloso a verdade é que podo falar de moitas cousas. Pero se con algo me quedo, sen dúbida, é a gran familia que somos entre todos os que facemos posible este deporte (directiv@s, compañeir@s de equipo, adestradores/as, rivais, árbitr@s e como non vós, a prensa). Neste ámbito en primeiro lugar gustaríame agradecer a tod@s eses directiv@s e colaboradores/as dos clubes o gran labor e esforzo que fan por manter os equipos ano tras ano en competición. Porque, sobre todo, no fútbol rexional é moi difícil poder afrontar economicamente cada tempada. Grazas a estas persoas, o resto de xente que englobamos o mundo do fútbol podemos disfrutar cada fin de semana dunha xornada máis. Grazas a isto, a poder disfrutar cada fin de semana do fútbol, podo estar satisfeito e orgulloso de tod@s @s amig@s e coñecid@s que fixen. Sen dúbida é o que máis valoro e disfruto do que me deu este deporte.



Alejandro Novo ‘Mincha’. Xogador do San Lázaro.

