Un martes máis traemos o mellor once da xornada. Na portería o Mago Carlos, que se foi sen encaixar no complicado choque ante o Riotorto. Na defensa repite o bigoleador Javi Celes, acompañado polo tamén mariñán Nacho e o todoterreo do Santaballés Ferreiro. O mediocampo é cousa de xerarquía. Por iso aparecen nomes con maiúsculas: Javi Raposo e o eterno Canario, escoltados nas bandas por Dieguito e Poyán, que meteu os dous goles do Taboada ante a Milagrosa. Na punta de ataque, Farra sigue unha semana máis. Decisivo o potente dianteiro pastoricense. Ao igual que Pardo para o Monterroso. Os seus tantos decantaron o derbi da Ulloa para os de Cerdeiriños. No entanto, o doblete de Erik só serviu para que o Chantada Atlético arañase un punto das Rapadas.

 

 

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*