Luis Díaz (Lugo, 1995). Él foi, xunto a Javi Rey, unha das grandes noticias do Lugo en Taboada. O xoven mediocentro acudiu á chamada de Francisco. E debutou ao grande. Coma titular, diante de todo un Celta B. Lonxe de subírselle á cabeza, Luis segue a mostrar a humildade que o caracteriza. Falamos con él. E como poderán comprobar, a elegancia non a ten só nos seus pés.
FUTBOLINLUGO: Boas, Luis! Comecemos polo principio. Despois de moitos anos detrás de ti, a campaña pasada decides aceptar ao fin a proposta do Lugo, neste caso do filial…
LUIS DÍAZ: Ao descender coa Milagrosa, era a hora de probar algo fóra do que levaba vivido dende pequeniño. Adrián Laureda convenceume. Díxome que tiña posibilidade de adestrar co primeiro equipo. Como así foi. Estou estudando en Lugo e era a mellor opción.


FIL: Fuches o que máis tarde deches o salto dende a Milagrosa, nunha xeración do 95 na que varios prometiades moito…
L.D: Xente coma Manu ou Teje podían ter chegado máis arriba. As lesións lastráronos. A Tejeda xa dende pequeno. Manu tivo dúas ou tres reccaídas. Senón seguramente estarían aquí comigo ou en categoría superior.
Manu ou Teje podían ter chegado máis arriba. As lesións lastráronos
FIL: E agora centrémonos no presente. Vés de debutar co primeiro equipo do Lugo en Taboada. Como se xestou esa estrea?
L.D: Xogamos o sábado á mañá contra a Ponferradina B. Ao rematar avisoume José Durán e díxome que tiña que ir co primeiro equipo.

FIL: Semella que a aposta do novo corpo técnico polo filial é moi grande. Realmente é así?
L.D: Nós no Polvorín queremos que se preocupen por nós. Este ano están vindo a vernos máis. Cousa que o ano pasado, non. Veñen aos adestramentos, aos amigables… Valorámolo claro! É unha motivación extra.
FIL: Confían en ti. E aínda por riba, de titular…
L.D: Cando cheguei pensei que ía ser suplente. Sorprendeume ser titular. Estou moi contento, con moita confianza. Todo o corpo técnico, Francisco, todos ma deron. Tamén Seoane, que ao xogar ao lado del, recomendábame cousas.
FIL: Como viviches esas horas previas ao encontro?
L.D: Como podrás imaxinar, estaba moi ilusionado á vez que un pelín nervoso. Sempre o queres facer ben. É verdade que xogara o ano pasado un partido de adestramento, dez minutos contra o Racing de Ferrol. Fora moi pouco tempo. Isto sírveme para coller experiencia. Agardo que lle gustase ao corpo técnico e a ver se teño máis oportunidades.
FIL: Taboada foi o principio dunha presenza continuada de Luis co primeiro equipo do Lugo?
L.D: Imaxino que sería un feito esporádico. Pita estaba con molestias, cun golpe no nocello. Aínda así, agardemos a ver se se fai máis seguido e non queda nun só día.
FIL: Perfecto. Moitas grazas Luis!
L.D: Un abrazo e grazas.