#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Nacho visitará á Madalena na primeira xornada de liga

O Racing Villalbés e o Viveiro da Terceira RFEF xa teñen o seu plan de partidos para a temporada 2022/2023. A categoría menos numerosa dos últimos anos (só 16 equipos) comezará a finde do 11 de setembro. A liga regular está previsto que remate o 23 de abril.

A primeira xornada xa abrirá con moito sabor provincial. O Racing empezará a competición na Madalena recibindo ao Estradense. O conxunto da Estrada está preparado por Nacho de Foz. O ex xogador volveu aos bancos da Terceira logo dun tempo parado.

Será unha boa proba para o cadro de Simón Lamas que se reforzou este ano en cantidade e calidade. Hai moitas expectativas postas logo da chegada de futbolistas como Pablo Rey, Marcos Álvarez ou Santi Gegunde. Pola súa banda, o Estradense inicia novo ciclo logo da saída de Alberto Mariano que lograra consolidar ao equipo con boas tempadas na Terceira.

Quen inicia novo cambio de ciclo tamén é o Viveiro. Os pupilos de Alberto López comezarán o curso cunha viaxe a Redondela para enfrontarse ao Choco. Ambos equipos foron rivais a pasada tempada pola permanencia e conseguiron finalmente manterse na división.



Non haberá que agardar moito para vivir o único derbi provincial desta campaña. Na xornada 4 (a primeira fin de semana de outubro, antes do San Froilán) o Viveiro recibirá en Cantarrana ao Racing. Na segunda volta xogarán en feudo vilalbés na primeira finde de febreiro.

Simón Lamas
Simón Lamas iniciará a súa cuarta temporada dende o inicio (quinta en total) como adestrador do Racing

Primeiras cinco xornadas Racing:

Racing Villalbés – Estradense

Arzúa – Racing Villalbés



Racing Villalbés – Rápido de Bouzas

Viveiro – Racing Villalbés

Racing Villalbés – Gran Peña (que exerce como Celta C)

Alberto López colle o timón dun Viveiro con moitos xogadores recén chegados a Galicia. Foto: Viveiro CF

Primeiras cinco xornadas Viveiro:

Choco – Viveiro

Viveiro – UD Ourense



Somozas – Viveiro

Viveiro – Racing Villalbés

Barco – Viveiro

A fase regular constará de 30 xornadas nas que se decidirá o campión que ascende directamente á 2ª RFEF. Ademais do 2º ao 5º clasificado xogarán unha fase de ascenso a dobre volta. A continuación deixamos algunhas claves en relación as datas:

  • Non haberá competición na finde do 9-10 de outubro (previa ao festivo do Pilar, mércores). O parón é provocado pola competición europea que terá a selección galega de afeccionados.
  • Non haberá liga na finde do 12-13 de novembro.
  • Si haberá xornada o 8 de decembro (festivo da Inmaculada Concepción, coincide en xoves)
  • A liga deteríase o sábado 17 de decembro (xornada unificada, o domingo será a final do Mundial) e volvería tres semanas despois na finde do 8.
  • A competición xa non volvería parar ata o final de liga. Non habería parón en Semana Santa

Pódese consultar o calendario ao completo neste documento da Real Federación Galega de Fútbol: Pulsa aquí

Nacho visitará á Madalena na primeira xornada de liga

Diario dun mercado. Episodio 312

Nacho visitará á Madalena na primeira xornada de liga

Diario dun mercado. Episodio 313

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *